Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lobby galego

lunes, 27 de junio de 2005
En tempos, os galegos -emigrantes por natureza; por necesidade- eran exemplo constante de traballo e amor á terra, creando riqueza para sí e para as familias que aquí quedaban; axudando na promoción educativa das parroquias natais, e volvendo á terra para disfrutar dunha vida regalada de indiano, ou só para morrer.

Os galegos da emigración deixaban constancia das súas lembranzas da terra, e constituían sociedades poderosas que na súa denominación proclamaban estar formadas por fillos dunha determinada comunidade, ou sociedades de tal parroquia no país de acollida.

Os tempos cambiaron tan radicalmente que hoxe somos máis país de inmigrantes que emigrantes, e hoxe hai en Galicia asociacións de galegos de adopción que acollen a xentes que proceden de zonas tan distantes de Galicia como antes Galicia quedaba lonxe dos noso destinos migratorios.

Hoxe moitos galegos no exterior non son obreiros senón empresarios... E recibimos novas dos empresarios galegos en Madrid, en Catalunya, en Portugal, que forman colectivos importantes non só para nós senón para as cidades ou países onde viven, que representan unha nova dimensión, un novo mundo, que non busca emprego no exterior senón que crea emprego nese exterior de Galicia sen esquecer a súa procedencia.

Fálase agora dun "lobby" galego no exterior. Que a pesar da palabrexa entendemos que ven ser unha Federación de asociacións de empresarios galegos, ou asociación de empresarios situados no exterior, para conxuntamente traballar mellor por temas que a Galicia interesan.

A nova é magnífica en sí, porque evidencia a existencia dunha clase empresarial galega moi importante situada fora de Galicia, que pode facer moito polo avance do país. Pero máis aínda se temos en conta de onde partimos, da situación de hai poucas décadas, daquela Galicia emigrante dos anos sesenta que hoxe só é unha lembranza.

Benvido sexa o "lobby" que se organiza. Aínda que só sexa polo impacto da mesma nova na conciencia de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES