Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira de arte popular

lunes, 15 de abril de 2013
Decíamos en anterior entrega, ó falar da asociación O Feitizo, no 35 compreanos, que a súa orixe haí que buscala na Feira do Arte Popular Galego, nome suxerido por Díaz Pardo, a quen os organizadores acudiron en demanda dos seus consellos. Por certo que ó ilustre ceramista o engaiolou a idea de xuntar ós artesáns traballando á vista do público, o que nunca se fixera.

O seu fillo Xosé diseñou o cartel, e a prestixosa firma participou coas súas pezas por vez primeira en mostra desta natureza, cando só había un par de anos que estaban no mercado. Foi importante atractivo para o certame, que vivíu tres edicións. Os organizadores percorreron a zona á búsqueda de artesáns (ano 1971) e así apareceron cesteiros en Budián, zoqueiros no Valadouro, alfareiros en Mondoñedo, telar en Cangas, taxidermista en Barreiros… Luis G. Pacios, pintor lugués que na cidade ensinaba as técnicas da pintura, envía obra dos seus discípulos, pintores e escultores, que atendería o intelectual Adolfo Abel Vilela, a quen unha inoportuna avería no proxector de diapositivas impedíu dar a programada charla ”A arte na Capela Sixtina”.

O Orfeón de Mondoñedo actuara na inauguración na que se agasallou con pulpo servido polo lugués Manolo Cancela, dende o stand enxebre que Pazo Ribeiro instalara no recinto feiral.

A Feira medra e amigos espallados por Galicia facilitan a achega de novos elementos: Elvira R. Osorio, a tecedora chantadina mais prestixosa e galardonada do país, artífice de pezas que foron a mans de políticos e reis, ou do Papa; Pepe de Burón, de Mañente, que tallou en madeira unha réplica da imprenta de Guttemberg que, imprimindo na feira, con letras tamén talladas, causara sensación; a singular aportación dun grupo de teleclubs; a actuación da rondalla Iris de Monforte; teatro galego… e sobre todo a presencia do macro stand de artesanía da Cidade dos Muchachos de Ourense, completaban o contido dun novedoso feito cultural que sorprendeu a propios e estranos.

De varios puntos de Galicia chegaron excursións . Foi a primeira vez que, despois da guerra civil, ondeou en Foz a bandeira galega. Hai 40 anos...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES