Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uned Senior: Viaxamos a Noia

lunes, 15 de abril de 2013
Uned Senior: Viaxamos a Noia Os alumnos da Uned Senior , viaxamos a Noia, unha vila bastante descoñecida, e con moita historia. Era unha das portas que abría o camiño a Santiago, para os peregrinos que chegaban ao seu porto. É unha vila medieval, con palacios, grandes igrexas e cemiterios.

Visitamos a igrexa de Santa María A Nova, promovida, igual que a de San Martiño, polo obispo Berenguel de Lendoire, que procedía da Borgoña(Francia). É unha igrexa gótica, do século XIV; posúe un fermoso retablo barroco compostelán, con representacións do Purgatorio, outro retablo lateral de estilo neoclásico, e unha pía bautismal do século XIV. Hoxendía, esta igrexa está dedicada a museo lapidario, con laudas atopadas no cemiterio gremial e de peregrinos que a rodea. Estas laudas conteñen diferentes motivos gremiais, marcas familiares, mesmo de familias fidalgas, motivos heráldicos, de tema antropomorfo, etc. Paseamos polo seu cemiterio, onde poidemos contemplar dous cruceiros, un deles con baldaquino, do século XV, con imaxes de caza.

A continuación, visitamos a igrexa de San Martiño, tamén de estilo gótico, onde poidemos observar un fermoso coro, de boa carpintería, sostido por ménsulas de cantería, con figuras labradas na pedra. Saímos fóra, á praza do Taipal, diante da igrexa, cun cruceiro do século XV, e admiramos a marabillosa porta da época do romanticismo, que imitaba ao gótico.

Tamén paseamos polo casco antigo, fixándonos nos diferentes tipos de casas, como a casa gótica, onde o poeta Antón Avilés de Taramancos tiña a súa taberna. Estivemos diante do casino, edificio modernista, de principios do século XX. Vimos, asimesmo, o instituto onde ensinou Carlos Maside.

Logo, finalmente, dirixímonos á alameda, diante do antigo convento dos franciscanos, hoxe, casa do concello. Alí, poidemos contemplar o monolito dedicado a Felipe de Castro, quen traballou no Palacio Real de Madrid, facendo escultura. Doou toda a súa obra á universidade de Santiago.

Xa, saíndo da vila de Noia, sempre acompañados e informados polo noso profesor D. Felipe Senén López, vimos o cruceiro de Eiroa, de Xosé Cerviño.

Tamén nos contou que, no río Tambre, que forma a ría de Muros e Noia, hai unha antiga central eléctrica, deseñada polo famoso arquitecto Antonio Palacios.

Como sempre, foi unha viaxe moi interesante.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES