Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen entende a economia

viernes, 12 de abril de 2013
Suponse que quen mellor entende a economía son as entidades bancarias, cun capital que respalda a súa actividade, os mellores especialistas e un operativo en pé de guerra para en todo momento emprender as accións oportunas. E parece que eso é así cando os poderes financieiros non só conseguiron controlar os temas económicos senón tamén a política ao facer que os gobernos se pleguen aos seus dictados supeditando calquera decisión ao mantemento da situación actual, coa pervivencia do sistema bancario como garante da estabilidade dos países da vella Europa.

En base a ese poder que da o manexo da economía, cabería pensar que as entidades bancarias e crediticias gozan da mellor saúde, xa que todo xira ao seu arredor, e todo está disposto para que sigan a ser os piares fundamentais do noso entramado económico.

Non se entende, polo tanto, que se estime normal que o Estado vaia perder parte das aportacións que entregou para o saneamento de diversas entidades, que a outrora omnimoda Caixa de Galicia teña problemas de supervivencia ou que Bankia siga a perder valor no mercado de xeito que as súas accións veñan a ser papel mollado.

Pode esto querer dicir que quen está soportando mellor esta crise financieira son as entidades de capital privado, rexidas con mans firmes e criterios loxicamente privados, mentras que as que están tocadas polas mans das administracións son as que teñen os graves problemas que contaminan todo.

Será que os entes públicos non entenden de economía? Ou que cando interveñen en entidades financeiras o fan con criterios que non lles son de aplicación?. O certo é que todo son coidados nos entes públicos para coas entidades bancarias – agora xa o son todas -, estas aplican aos seus clientes as condicións rigoristas que mellor lles acomodan, e aínda así o sistema treme sen perspectivas favorables de futuro.

A ver se vai resultar que non se trata de entender, senón de atender, e ata agora non se atenderon como se debera estas institucións. O que si está claro é que, sexa quen fose o culpable, a situación – as consecuencias- estámola pagando todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES