Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gaías, fin de ciclo

martes, 09 de abril de 2013
Chegou o fin dun ciclo para o Gaiás no momento en que mesmo o Partido Popular suscribe ou apoia a iniciativa do Bng para que se remate coa iniciativa no momento no que agora se encontra. Xa non se trata de aplazar ou ralentizar a construcción, trátase de considerar rematado o complexo do Gaiás na situación actual.

O proxecto comezou nun mal momento. Aínda era tempo de euforia, e planteouse un edificio emblemático para a Galicia do século XXI, no monte Gaiás, fronte ao histórico Santiago, capital de Galicia. Tratábase de construir de cara ao futuro, de maneira que continente e contido fixeran historia. Pero veu a crise, e rematou coa euforia, poñéndonos a todos en situación de contemplación realista da dura situación que nos envolve e o proxecto foi parándose ata chegar á situación actual na que se considera que “non vai máis”.

Tampouco a Xunta de Galicia enfrontou agora nin nunca o Gaiás cun obxectivo definido de obter resultados e utilizalo de xeito que fose rendible. Sempre foi unha tímida intentona de sacar o que se puidera de algo que se consideraba perdido. E acabou sendo acubillo de determinadas dependencias da Xunta que dan función administrativa ao que se considerou podía ser factor de avance, de progreso, para a terra onde rematan os Camiños de Santiago.

A situación actual implica aforro e contención e parece lóxica a suspensión da construcción do final do proxecto. Pero eso non pode significar considerar perdido o conseguido nin conformarse con que sexa un almacén ou edificio administrativo de dependencias ata agora espalladas pola xeografía urbana santiaguesa.

Remata un ciclo, unha batalla, e hai que agardar por mellores tempos. Pero estamos seguros que a historia do Gaiás non remata aquí, e que o seu destino, as súas funcións, o seu papel social na Galicia do futuro aínda están por escribir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania