Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Feitizo: 35 anos

martes, 09 de abril de 2013
Nos tres primeiros veráns dos anos 70 celebráronse en Foz senllas edicións da “Feira do Arte Popular Galego”, mostra de artesanía pioneira, pois ofrecía a novidade dos artesáns traballando á vista do público, ata entón algo inédito: alfareiros, zoqueiros, cesteiros, palilleiras, artesáns do coiro, da forxa e demais, nun certame que, de continuarse, significaría para a vila a primacía nunha faceta que tempo despois adquiriu relevancia e que hoxe da nome e prestixio a outras localidades.

Tal feito é para nós só historia; pero moitas veces ésta reflicte a indolencia, a apatía, cando non consideracións de tipo persoal, que botan por terra iniciativas positivas para a colectividade. Naquelas feiras hai que buscar a orixe de O Feitizo (9. 04. 78) de ámbito comarcal.

As expoosicións de pintura que se ofrecían eran un dos apartados mais atractivos, e alí colgaron a obra por vez primeira nomes hoxe coñecidos do mundo da arte que ata entón permañecían no anonimato. A feira lograra nas tres edicións un sinalado éxito e tiveran un grande eco mediático, sobre todo polo que tiña de orixinal, de novo. Inevitablemente desapareceu, pero deixara nalgún sector o desexo de continuar dalgunha maneira a experiencia. E o grupo das artes plásticas, espallado pola bisbarra, seguiu celebrando tertulias domingueiras en Foz e aí xurdíu a idea de crear unha asociación de amigos das artes para promocionalas, sobre todo entre os xoves, organizando actividades, e a un tempo dando a coñecer os traballos dos integrantes do grupo, a través da mostra permanente en céntrico local e promovendo cursiños para neófitos e mostras e exposicións en distintas vilas da zona.

Era 1978. Ó pouco accedía á presidencia Vicente Sempere que realizou un gran labor, cun traballo e unha entrega admirables e o colectivo, que nacera para atender con preferencia as facetas das artes plásticas, e cuxos estatutos prevían o posible de abarcar a outras ramas, dirixe a mesma á danza e á música da terra, o que hoxe fai con exitosa dedicación; desexamos que celebren as Vodas de Ouro. Quen tivemos que ver coa iniciativa, 35 anos despois a lembramos con nostalxia. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES