Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marca España

lunes, 08 de abril de 2013
Falar de “marca” referida a España é restrinxir un pais con séculos de historia común, con milenios de vida nunha terra difícil e fermosa, reducindo o seu papel a termos comerciais ou de competencia con outros países do contorno. Pero así son as cousas, e mesmo o Ministro de Asuntos Exteriores falaba da “Marca España” para dicir que a esta non lle sentaba ben a imputación dunha infanta chamada a declarar diante dun xuiz por temas de tráfico comercial ou de influencias.

Equivócase o Ministro porque se nos atemos a unha “marca” para definir o conxunto de comunidades no que vivimos, tenlle que sentar ben á nosa imaxe no exterior que “do rei abaixo ningún” se sustraia á man da Xustiza, que todos somos iguais diante da Lei, e calquera ten que comportarse dun xeito correcto se non quere verse afectado en algo que non resulte axeitado.

Á marca España séntanlle mal os casos de corrupción, os desequilibrios, as inxustizas, os desaxustes... todo o que non concorde coa imaxe dun país moderno, igualitario, decente... pero non lle sentan mal, de ningunha maneira, as demostracións de que a Xustiza está por riba de calquera outro poder, e que a un xuiz non lle tembla a man por asinar o chamamento de calquera persoa a declarar sobre un tema.

Desexando que todo acabe con ben, que a verdade prevaleza, non é de temer pola marca España en relación con este asunto. Sexa cal sexa o resultado, a marca España en relación con este tema seguro que sae reforzada e beneficiada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania