Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellorando en igualdade de xénero

lunes, 08 de abril de 2013
Mellorando en igualdade de xnero Non sei exactamente canto tempo leva o ser humano no noso planeta, pero o que si sei é que aínda estamos moi inmaduros á hora de ter unhas relacións equilibradas entre ámbolos dous sexos.

Para solidarizármonos co sufrimento das familias derivado da violencia de xénero, tivemos unha xuntanza na aula da Uned Sênior de Xestoso en Momán (Xermade-Lugo).

O Programa foi o seguinte:

-Proxectóusenos un vídeo realizado coa colaboración de persoas de diferente sexo e xeración no que observamos a situación actual desta zona no tocante ó tema que nos levou alí a un colectivo de alumnos das diferentes aulas da Uned Sénior de Xestoso.

-Varios ponentes expuxeron o problema desde diferentes ángulos; cada cual máis interesante.

-E a continuación tivemos un coloquio moi esclarecedor, no que todos saímos moi enriquecidos.

As xornadas que se levan a cabo na UNED SÉNIOR DE XESTOSO con relación á igualdade de xénero, van encamiñadas a:

Mellorando en igualdade de xénero1.- COMPRENDER dunha vez por todas que homes e mulleres, mulleres e homes estamos feitos da mesma masa.

2.- COMPRENDER que homes e mulleres, mulleres e homes gozamos e sufrimos coa mesma intensidade dependendo de como nos trate a vida.

3.- COMPREDER que o outro ou a outra é un ser humano coas mesmas necesidades ca min.

4- COMPRENDER que uns e outras estamos chamados a realizármonos en igualdade de condicións.

5.- COMPRENDER que homes e mulleres, mulleres e homes necesitámonos reciprocamente porque somos as dúas caras dunha mesma moeda: o ser humano.

Ultimamente estanse dando pasos importantes nesta dirección.
Confiemos nun futuro máis humano e prometedor para a Historia da Humanidade porque xa vai sendo hora de saír a flote antes de que o barco se afunda.

¡Ánimo, entre todos, podemos!
¡Mans a obra!

LOITEMOS TODOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO E TODOS SAIREMOS GAÑANDO!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES