Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Conselleira pide nenos

miércoles, 03 de abril de 2013
En Galicia non nace nenos abondos para manternos vivos como país. Esto é unha verdade aceptada por todos e unha tremenda ameaza para o noso futuro como pobo.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ven de criticar aos galegos porque as familias – mesmo as ben situadas económicamente- non queren ter máis de dous fillos. E á Conselleira parécelle moi mal este plantexamento cando vivimos nunha terra que ten unha tasa de natalidade das máis baixas do mundo.

O que ocorre é que a tendencia das últimas décadas de controlar a evolución familiar vese agudizada últimamente polas condicións económicas e sociais do país, de España e de Europa, que non animan precisamente a alegrías que deben manterse ao longo dos anos, durante toda a vida.

A Conselleira pide nenos, pero as institucións non apoian – quizais non poden- a familias numerosas para que poidan vivir cunhas condicións mínimas similares ás que elixen non aumentar os membros da unidade familiar. E pedir nenos é doado, e todos sabemos que nos fan falla máis nenos para o futuro, pero o problema está de xeito especial no presente.

Coa que está caendo – tamén nesto inflúe a ditosa crise- fai falla ser moi valente, ou moi inconsciente, para aumentar a unidade familiar confiando simplemente, a falta de argumentos tanxibles, na Divina Providencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania