Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acurralados

martes, 02 de abril de 2013
Todos os que teñen diñeiro aforrado temen o demencial desenlace dunha das múltiples crises arxentinas que se deu en chamar “o corralito” no que caeron todos os que tiñan diñeiro depositado en entidades bancarias, que pagaron as consecuencias do tremendo desgoberno daquel momento. E agora tamén se teme algo parecido diante do tremendo desgoberno daquí e de fóra.

O exemplo de Chipre, diminuto membro da Unión Europea, con problemas gravísimos derivados da nefasta burbulla financeira, estase a poñer de manifesto para toda Europa para que todos teñamos conciencia de que nada se escapa ao dominio dos poderosos, e calquera situación se pode dar nun país membro dun conglomerado que non chega a facer augas porque nunca chegou a gozar da estanqueidade precisa para flotar ou navegar en firme.

Chipre foi un pretexto para facernos saber aos europeos que alguén ten que pagar as facturas producidas polas atrocidades dos gobernantes económicos, gobernantes en definitiva de todo país, e ese alguén vai ser o que poida facelo por disfrutar duns aforros, moitas veces produto do traballo de toda unha vida.

E os aforradores síntense agora mesmo acurralados, porque están totalmente controlados polos poderes públicos, e alguén xa ten disposto que os que teñan máis de cen mil euros en aforros sufrirán unha quita no caso de que veñan mal dadas.

Os grandes aforradores deberán participar nos rescates financeiros, proclaman desde Bruxelas os que teñen capacidade para facelo. E a nós, en xeral, o único consolo que nos queda é pensar que nunca fomos, somos nin seremos grandes aforradores, co que a cousa non vai connosco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania