Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emoción na Rapadoira

lunes, 01 de abril de 2013
Hai 70 anos, por estas datas, zarpaban as primeiras lanchas rumbo leste á costeira do bocarte. Eran o “Delio”, mandado por Antonio de Quintanero, e a “Remigia” co patrón Pachocho; porto de destino: Laredo.

De contado foi uníndose a maioría da flota local, entón considerable. Iniciábase así unha singradura que cada ano retiña ós nosos mariñeiros un par de meses faenando por aquelas latitudes e convivindo cos nativos, que no caso de Laredo, chegou a crear fortes vínculos afectivos, que tiveron a xénese nunha relación de apoio mútuo e de solidaridade amosada pola poboación laredana no diario trafego e na atención dispensada ante a adversidade e as necesidades naquela sociedade carente de medios elementais; e así deuse o caso de familias daquela vila que acolleron nos fogares a mariñeiros focegos enfermos, ós que dispensaron coidados e agarimo ata a total recuperación.

Co tempo as circunstancias mudaron, os barcos marcharon mais hacia leste, tras do peixe; e foron portos vascos, en especial Ondárroa, onde os focegos fixaron a base; pero na memoria colectiva quedou a lembranza das fermosas vivencias, a tal punto que había un tempo que aquela vila dedicara a Foz unha das rúas principais.

No ano 2006 foron inauguradas as obras do malecón da praia que, en xusta correpondencia e por suxerencia de Chemari Neira, expatrón maior da Confraría, desaparecido prematuramente, dende entón leva o nome de Paseo de Laredo, e con tal motivo tivo lugar, coa presencia dunha ambaixada laredana, un emotivo acto, arredor do vello faro, testemuño de tanta traxedia na bocana da ría, a dramática “barra”(lugar ó que dende hai moitos anos o cronista chama “o noso particular triángulo das Bermudas”), que ó lembrar a persoas e feitos, a algúns dos presentes, esvaráronlle as bágoas polas meixelas...A xuntanza rematou baixo carpa no Bispo Santo, degustando un menú da terra, entre cantigas e añoranzas.

A emoción vivida na Rapadoira deixa o seu ronsel no Paseo de Laredo, pobo que con Foz escribiron unha fermosa historia de fonda humanidade. Un monolito naquela paraxe perpetúa a memoria da vivencia histórica.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES