Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Predicador ambulante

jueves, 28 de marzo de 2013
¡Ola!
Son Mercedes.
Desde Galicia Dixital ofrecéronme a posibilidade de participar os xoves nesta sección onde pode ocorrer que vostede encontre algo do seu interese.
O tema de hoxe titúlase:

PREDICADOR AMBULANTE

Fai máis de dous mil anos, apareceu na Historia da Humanidade un personaxe que naceu e vivíu nunhas circunsancias pouco ou nada comúns para os seus contemporáneos.

Esolleu un grupo de amigos os que coñecemos co nome de Apóstolos e dedicaouse á predicación ambulante.

Fundou unha escola que se coñece co nome de Cristianismo en honra ó Cristo fundador e co paso do tempo, esta dividíuse en varias ramas; unha delas é a Igrexa Católica.

Esa escola segue e seguirá viva porque xa o deixou dito o seu Fundador: “Os poderes do mundo non poderán derrotala aínda que certas correntes mundanas intenten acaneala”.

O Fundador foi moi criticado polos poderes da súa época pero o pobo liso e llano sentía gran cariño e admiración por El porque defendía ós pobres, ós humildes, ós desherdados, ós enfermos, á muller en xeral e incluso ás prostitutas, ós que padecían pola xustiza, ós enfermos, ós que loitan por un mundo mellor, ós humides de corazón, ós que sofren... A persoas coma vostede e coma min.

O fundador era un PREDICADOR AMBULANTE porque non tiña onde reclinar a súa cabeza, pero os seus seguidores foron creando cátedras para organizarse e ó mesmo tempo: ¿por que non dicilo?, para facer o labor máis doado.

Hoxe en día nos países cristianizados temos igrexas en cada parroquia onde podemos optar por reunírmonos semanalmente para celebrar a Fe, coller forzas para a nosa alma e formar parte do POBO..
En boa medida, os predicadores de hoxe en día limítanse a exerce-la súa misisón en horario limitado (léase, misa) como se doutra profesión se tratara.

Querendo ou sen querer (penso que sen decatárense), estanse distanciando do pobo, porque ollos que non ven, corazón que non sente.

Ó longo da miña vida teño visto predicadores de moitas clases, cada persoa é un mundo e ten a súa propia historia persoal.
Non vou a xulgalos.

¿Quen son eu para emitir xuizos?
Vou intentar diferencialos en tres grupos, según a miña humilde opinión.

-Os do primeiro grupo son excelentes oradores, limítanse á predicacón desde o altar, desde as alturas, desde as catedrias, colexiatas, templos...
Preparan unhas homilías preciosas, bordadas, e ó rematar a celebración eucarística esfúmanse porque xa dan por ben cumprida a súa misión.
Despois de preparar moi ben a lección, souberon expoñela e atraer a atención dos escoitantes. Danse por satisfeitos.

Son persoas valoradas polo seu saber e aprecidas pola xerarquía. Están no cumio. Son da élite.

Normalmente deixan clara a súa mensaxe e conseguen chegar á alma ds persoas que os ecoitan, que –hoxe en día, se non se lle pon remedio a tempo- está a punto de ser unha minoría da poboación.

- Os do segundo grupo sen ser excelentes oradores, tamén se limitan a cumplir preceptualmente co seu deber en “horario de oficina” e ó rematar a celebración, tamén desaparecen.

Os seus fregreses non chegan a coñecelos nin saben quen son nin por onde andan e moito menos a que se dedican.
En certa medida están aí como uns “descoñecidos” entre os coñecidos.

Estes, desafortunadamente, non deixan pegada na alma de ninguén... Non son felices nin fan feliz a ninguén porque, sencillamente son “uns pobres infelices”.
Nin fu nin fa. Pasan desapercibidos, inadvertidos.
Mala sorte.

-O terceiro grupo está formado por aqueles que sendo mellores ou peores oradores nótaselles que teñen o Evanxeo interiorizado, souberon interpretalo e lévano no seu sangue e no seu ser interno.

O Evanxeo circula por eles coa mesma naturalidade que circula o sangue e o aire por todas e cada unha das células do seu organismo. E cando o sangue lles ferve, o Evanxeo tamén ferve.

Estes predican a tempo e a destempo como di San Paulo:
-No altar, ás entrasdas e ás saídas.
-No medio rural e no medio urbano.
-Ós ricos e ós pobres.
-Ós dun partido político e ós do outro.
-Ós instruídos e ós analfabetos.
-Ós sans e principalmente ós enfermos.
-Ós militares, ós civis e ós relixiosos.
-Ós crentes, ós agnósticos e ós ateos...

Absolutamente a todos porque ven en cada ser humano un ser creado a imaxe a semellanza desa ENERXÍA CREADORA que os cristiáns chamamos PAI-NAI de todo canto existe.

Mistúranse co todo o mundo, parecen un de tantos.
A veces hai allguén que chega a confundilos como un máis do fato; pero eles saben que son ben diferentes: son os DISCÍPULOS DO PREDICADOR AMBULANTE.

Eles tamén son predicadores ambulantes, porque o discípulo pode ser tanto como o mestre, pero non máis.

A veces non son ben vistos, como tampouco foi ben visto o fundador, pero van ALEGRES e FELICES pola vida porque TEÑEN MOI CLARO O QUE ESPERA DELES O SEU XEFE.

Alguns “xefes” non os entenden, critícanos e sanciónanos porque lles parece que se saen de contexto, pero o pobo quéreos, apóiaos e lévaos no corazón.

Son dos que dan moita luz e moito sal á terra.
Son os que máis se parecen os mestres de escola.
(Dito sexa de paso: os mestres son os mestres)

Estes non pasarán desapercibidos por ninguén.
A uns chamaranlles a atención por unhas razóns e a outros por outras.
Pero o malo sería pasar por esta vida como alguén indiferente, como un don nadie.

Eles son a alma do pobo e quedarán na alma do pobo liso e llano que é de onde nacerán os novos talentos que serán o sal e a luz da terra ó longo dos séculos.

A súa semente perdurará e daralle un aire renovado a aquela ESCOLA que un bo día, fundou o PREDICADOR AMBULANTE.

Servan estas palabras de sincero e profundo agradecemento ós predicadores ambulantes de tódolos tempos e especialmente os de hoxe en día que haber, hainos. O caso é dar com eles porque escasean.
A min cábeme a honra de coñecer e tratar a máis de un e téñoos en gran estima. Vexo neles a OUTRO CRISTO.

Vostede está no seu pleno dereito de te-la súa opinión, eu tamén teño a miña e respeto a súa, sexa cal sexa.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES