Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quita, quita

miércoles, 27 de marzo de 2013
As Prerentes e outros similares perigosos produtos, ou son unha estafa ou un investimento, dependendo do grado de conciencia e mesmo de consciencia que os adquirentes tiñan deste producto indocumentado e indesexable que lles vendía a súa entidade bancaria de toda a vida na que tiña postas todas as súas complacencias económicas.

Se seguisemos a vivir na burbulla tola do ladrillo e materias afíns, quizais esas preferentes poderían ter chegado a bo fin e ser moeda de curso legal en transaccións de todo tipo, mesmo ser manexadas polas entidades responsables do tema como moeda – instrumento de cambio- de curso legal.

Pero o estoupido da burbulla alcanzou de cheo a estes volubles investimentos, e os aforros de moita xente fóronse co vento. E agora chega a autoridade bancaria coa rebaixa marcando que as preferentes de Nova Caixa Galicia, amáis de convertirse en accións, sufran unha rebaixa do 43 por cento e do 28 en Bankia por mencionar só dous dos cómplices do sistema.

Pois non van a estar moi de acordo os que se consideran estafados polo sistema de investimentos que lles ofreceron, coa consabida información que as entidades bancarias facilitan cando se trata de prestar ou de recibir. E os que foron estafados deben recibir o importe íntegro da estafa, e os que foron conscientes a arriscar o seu diñeiro polo lucrativo que podería ser o sistema deberán sufrir as consecuencias. Á Administración e á Xustiza corresponde delimitar quen está en cada bando, quen foi estafado e quen non.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES