Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chove

martes, 26 de marzo de 2013
Os que queren disfrutar dunha Semana Santa – relixiosa ou turística- no exterior, non deixan de ollar cara ao ceo, ademáis de escoitar as prediccións meteorolóxicas, para ver se chove ou non, para ver se imos ter bo tempo.

E estes días tamén, vendo a que segue a caer sobre determinados lugares estratéxicos para a política, preocupa como chove sen que por ningún lugar se note a primavera.

Chóvenlle os temas legais ao alcalde de Lugo, o que consideraba que se non había un par de imputacións era sinal de que non había dinamismo na vida local. Xa ten polo menos tres.

Chóvenlle os temas legais ao alcalde de Santiago, que desde que accedeu ao cargo non deixou de recibir chuzos de punta, deses que non hai paraugas que protexa ao que os recibe.

Choven rebaixas para pensións e prestacións, de tal xeito que os que agora se xubilan se consideran beneficiados pola Fortuna diante no futuro que cada vez se presenta máis negro.

Chóvelle axitación ao PSOE, debatíndose formas e fórmulas, para conseguir chegar a un ben difícil consenso na elección do secretario xeral do Partido en Galicia.

Chove no corazón de case todos (Celso Emilio dixit...), dubidando de que a primavera do calendario se vaia traducir de inmediato nun escenario climático e político no que escampe e a auga da choiva dea paso a un sol que nos fai tanta falla.

Pero polo de agora parece que vai seguir chovendo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania