Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mocións de censura

viernes, 22 de marzo de 2013
Son un instrumento legal para reaxustar as relacións nun goberno que teña perdido lexitimidade, impulso, forza e que precise asentar de novo as forzas que sosteñen a convivencia e dan respaldo ás decisións que tomen os órganos de goberno.

Son, naturlmente, un recurso extraordinario, onde as forzas políticas recomponen os seus efectivos e responden aos movementos sociais que se detecten, moitas veces máis debidos aos intereses particulares ou partidistas dos intervintes que a unha necesidade evidente que responda aos intereses da comunidade.

Así, cada vez que se presenta unha moción de censura que pretende alterar a relación ata entón existente, o recoñecemento dunha nova situación, o fraccionamento existente vense poñer máis de manifesto e causar máis dano ca beneficio aínda que esto non sexa o elemento que máis se teña en conta para o control da situación.

Polo de agora, o acontecemento máis recente situouse en Ponferrada, ben preto de Galicia onde ninguén parece estar especialmente orgulloso do resultado nin dos apoios utilizados para a súa consecución.

Mentras os principais partidos políticos non se poñan de acordo nos momentos, medios e procedementos, nada teremos que facer, e as mocións de censura serán armas arroxadizas que a poucos deixarán contentos e a case todos repugnará a súa utilización.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES