Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa nos gustaría pagar

martes, 19 de marzo de 2013
Aínda que sexa raro, é posible atopar contribuíntes que quixeran pagar máis impostos sen conseguilo. Son aqueles que, estando convencidos de que pagando todos estaríamos todos mellor, estimarían que cando de pagar se trata se as súas contas fosen moito máis favorables para a rendibilidade da súa empresa ou finanzas particulares, e polo tanto que a parte que a Facenda pública tivese que percibir fose proporcionalmente maior, pagarían con moito gosto. Pero non pode ser.

A realidade económica vaise encargando día a día de convencernos a todos de que a situación é a que é, os brotes verdes que poidamos ver son ilusiones creadas polas nosas propias necesidades, e que os recortes presentes non producen outro resultado que recortes futuros, polo que a liña que marque a evolución dos resultados económicos é necesariamente unha quebrada ou recta en signo descendente.

A este paso, cando haxa que pagar máis impostos, todos contentos e non só a Facenda pública, sempre que corresponda a un maior nivel de ingresos. Porque se se trata de que nos sangren máis polos magros resultados actuais, téñeno ben difícil. Aínda que máis difícil, visto está, témolo todos nos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES