Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da árbore

lunes, 18 de marzo de 2013
O vindeiro xoves, 21 de marzo, conmemórase o “Día Mundial da Árbore”. Tal efeméride, con datas de celebración distintas nos diversos países, dadas as variantes climáticas, instaurouse en Suecia, en 1840, cando aquelas xentes tomaron conciencia da importancia dos recursos forestais e das atencións que debe dispensarse ás árbores, pois ninguén dubida da transcendencia da presencia arbórea no noso contorno.

Calquera manual ilustra acerca desta evidencia: as árbores están xunto ó ser humano dende o principio da nosa historia, polo que os seus beneficios son coñecidos e aproveitados desde miles de anos. As árbores resultan esenciais para a vida: purifican o ambiente e osixenan o aire, proporcionan sombra, humedecen a atmósfera, reducen o ruído, son capaces de temperar o lugar onde se atopan, pois provocan sensación de frescura e humidade, incluso detendo as xeadas coa follaxe; producen alimentos e numerosos recursos, ademais de ser o fogar de multitude de paxaros.

As árbores teñen notoria incidencia na calidade de vida e son factor benéfico para o benestar da humanidade; por eso a Organización Mundial da Saúde recomenda as plantacións en cidades e vilas, é decir na xeografía urbana, e sinala como óptima a existencia de unha árbore por cada tres habitantes. Cando o home apareceu sobre a Terra coñeceu a árbore. Non se concibe a vida humana sen a súa presencia.

De contado decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra, pero era necesario traballala, para o que precisou de utensilios rudimentarios que permitíran labrar e prantar o que despois daría froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.

Unha das mais fermosas e delicadas loas á arbore que coñecemos é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza : “ O canto é unha “árbore frondosa” plantada nas beiras do río da vida. A árbore sabe do marmurio da corrente, do frescor das suas fontes, da sua risa na montaña e o seu sorriso na fervenza. O canto é “árbore sagrada”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES