Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cine en silencio

lunes, 18 de marzo de 2013
Hoxe en día, a xente nin sabe ir ao cine nin sabe ver cine. Non saben ir porque, moitos, adoitan chegar tarde; e non ao pouco de iniciada a película, senón cando ao mellor xa van quince minutos de proxección, o que implica ruídos e molestias ao pasar por entre as filas das butacas.

Non saben ver cine porque, en vez de atender á película, teñen que atender á cacho saqueta de flocos de millo e ao gran vaso de bebida que levan ás salas, que máis semellan xa un restaurante e non unha sala cinematográfica. Isto tamén fai ruído e deixa, logo, moita porcallada. Dá noxo ver cómo quedan as salas ao rematar a proxección.

Cine en silencio. E xa para rematar, hai que lembrar que unha película abarca dende o primeiro fotograma ata o último. O 99% dos espectadores érguense das butacas tan axiña como poñen os títulos de crédito, nos que case se pode dicir que se conta boa parte da película.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES