Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Insaciable Europa

viernes, 15 de marzo de 2013
Non hai moito tempo, Europa empezaba nos Pirineos, e nós eramos punto e aparte. Tal como van as cousas, volveremos a considerar que ou ben hai dúas Europas, ou unha delas actúa como dictadora de outra Europa sumisa, que obedece, someténdose aos dictados económico-políticos do norte rico e poderoso.

Recente aínda a dor causada polo aumento do Ive, sen recuperarse o comercio da agresión que ese incremento supuxo, tenta Europa que se suba de novo, tendo o goberno español que pronunciarse negativamente alomenos polo que se refiere ao presente ano. E volve Europa a teimar cos carburantes, cargados con impostos ata o indecible, que non soportarían un novo incremento estando aínda sen recuperarse do golpe sufrido.

E para seguir presionando ahí está o tema das pensións, co que se espera racionalizar o tema da economía a costa dos modestos pensionistas que foron facendo, cuota a cuota, o pequeno edificio das súas futuras pensións que agora se verán retocadas.

Europa, visto está, é insaciable. A costa de todos nós. Sabíamos que nos costaría estar –máis ca entrar- en Europa. Agora é cando o comprobamos con total seguridade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania