Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estes políticos...!

jueves, 14 de marzo de 2013
Foz vive un deses episodios que poñen en entredito a confianza mínima que deben inspirar gobernantes, e aspirantes, cuxo poder emana do voto. Á precura destes o PP, PSOE, BNG e UNIFOZ, nas eleccións municipais últimas, botaron as redes á captura de papeletas dando de comer copiosamente ós votantes, en sucesivas larpeiradas, e así xulgar ós candidatos, non se sabe se polas habilidades culinarias ou pola abundancia da papatoria. Publicamos entón o artigo “Eleccions e cuchipandas” pois había quenes, por consideralo ofensivo á auto-estima, rexeitaban o sistema, laiándose de que os rañavotos esqueceran aquelo de Castelao: “hai necesidades que non se senten no estómago”; mais estes políticos ó parecer concéntranas no bandullo, polo que se deron con afán á tarefa. “¿Qué queres? – díxo alguen - :é o que hai…”.

Dilucídase agora un asunto que pode ser transcendente, e no seu tratamento darán a talla os munícipes:¿qué se fai coa depuradora: amplíase a capacidade, ou sexa, auméntase o risco, ou trasládase a ubicación?. O resultado da primeira opción é coñecido…Temos reiterado que a historia- mestra da vida- hai que asumila na medida na que se dan os feitos: negala, ou pretender manipulala é sempre un erro e, moitas veces, unha estupidez…

Hai arredor de quince anos era o cronista membro do Consello Parroquial, para o que fora recrutado. A demanda de nichos desbordaba a dispoñibilidade. Había que construir novas sepulturas.¿Pero onde?. Dous posibles: ampliar o camposanto, ou iniciar un novo facendo xa nel enterramentos, coa vista posta en que pasado un tempo (que sería longo) se extinguira aquél e recuperar un espacio que permitira cumplir outras posibles funcións, tendo en conta ademais o fermoso do emprazamento.

Tratouse o asunto no Consello; o cronista opúxose rotundamente a amplialo- en contra do criterio da Igrexa- pois significaría hipotecar a perpetuidade o futuro dos terreos. Non tardou en chegar o rumor de que veciños, sempre respectables, opoñíanse á apertura do novo aducindo que no vixente, tiñan seres queridos soterrados... En conversas casuais con eles era fácil convencelos sobre algo do que todos participamos. Sabendo que para os políticos, o posible de apañar catro votos, ou o risco de perdelos, altéranlles as crenzas, preguntamos, un a un ós portavoces a súa opinión, coincidindo na negativa á ampliación, feito que, de producirse, obrigaba a modificar as normas subsidiarias no contorno do mesmo. O día 16.11.98 o pleno da Corporación, presidido polo alcalde Rivera, aproba a modificación, ábrese a veda e consúmase o que, hoxe coma onte, coidamos que nunca debeo facerse. ¡Estes políticos…!

O cronista, por indómito, resultaba incómodo e foi represaliado: nunca mais o convocaron ás reunións do Consello; sutil forma de sacalo do medio, ¡qué alivio!

Escoitando a certas persoas da política local tememos que, preto de vinte anos despois, en evolución claramente “progresista”, revivamos a experiencia; a historia dicta as súas leccións pero somos malos discípulos e non as damos aprendido. ¡Estes políticos...!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES