Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoxe comeza

martes, 12 de marzo de 2013
Hoxe, no Vaticano, comeza o Cónclave que concluirá coa designación dun novo Papa da Igrexa Católica, o primeiro do mundo moderno que acccederá ao seu cargo estando aínda vivo o seu precedesor.

Nestes tempos de laicismo envolvente, a figura do Papa segue a ser imprescindible, de obrigada devoción, para os millóns de fieles que viven a súa fe, pero aínda para todos aqueles que a practiquen de xeito desdeixado, e mesmo non pertenzan á Igrexa Católica, segue a ser unha figura entrañable, cargada dun poder innegable e unha forza – espiritual e temporal- que lle proporcionan ese especial papel en toda a sociedade.

A decisión corresponde ao Cónclave, o Senado da Igrexa, con todos os seus membros en idade máis ou menos venerable, con todas as cargas sociais sobre os seus ombreiros, e coa necesidade de atopar o home preciso para levar a bo porto a nave da Igrexa en momentos ben difíciles. E que consiga dominar a curia vaticana, poder dentro do poder, onde a política ten tanta forza ou máis que a fe de cada quen.

Hoxe comeza. Moi axiña empezará un tempo novo para a Igrexa. E, de resultas, para todo o mundo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES