Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir e deixar vivir

lunes, 11 de marzo de 2013
Debe ser a máxima que marque a conducta de calquera cidadán. Porque ao deixar vivir aos demais do mesmo xeito que vivimos nós, quere dicir que respectamos os dereitos dos demais, cumprimos coas normas de convivencia, e ningún de nós entra na área de incidencia dos demais.

Sen embargo, unha das persoas de España con máis responsabilidade na materia, co máis completo deber de respectar os dereitos de todos ao desempeñar o cargo de Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, ven de pronunciarse publicamente en relación co matrimonio gay indicando que este “non garante a especie”. Afirmación que parece de Perogrullo e pode selo en sentido estricto, pero tendo en conta a personalidade e cargo político de quen a profire, e tendo en conta que é matrimonio perfectamente legal protexido por Lei, non só está fóra de lugar a consideración senón de tempo e de espazo social.

Un ministro ten que cuidar as súas palabras con moito máis coidado que calquera dos demais mortais, sabendo que estas van ser amplificadas por milleiros de micrófonos, escoitadas por milleiros de oídos e analizadas palabra por palabra.

Se algunha lei non lle gosta ao Sr. Ministro, que faga o posible por cambiala, se se atreve ou atopa os apoios precisos. En tanto non haxa cambio, cale e deixe vivir a cada un como poida ou queira.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES