Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bárcenas

miércoles, 06 de marzo de 2013
Falar de Naseiro é lembrar, para os que teñan memoria, dun problema para o Partido Popular por irregularidades económicas que hoxe se desdibuxan na lonxanía. Falar de Bárcenas é falar dun problema grave actual do PP, por irregularidades económicas que a Xustiza anda a desentrañar.

Non lles conveñen aos partidos políticos problemas deste tipo que inciden de xeito moi directo na confianza que os cidadáns poidamos ter nestas organizacións que teñen copado o exercizo da política, canalizando todo tipo de actividades e naturalmente o acceso ao poder.

O de Bárcenas, con noticias interesadas ou naturais que se van dosificando día a día segundo lle convén ao informante ou filtrador, vai producindo golpe a golpe, noticia a noticia, mella no ánimo popular en relación cun tema no que destacan de xeito destacado as cantidades multimillonarias que este político – administrador moito tempo do seu grupo político- tivo e ten en Suiza, e o soldo de máis de vinteun mil euros mensuais que o Partido lle pagaba polos seus servizos.

Bárcenas é un Damocles que pende de xeito perigoso sobre unha estructura política, sobre unha organización que fará moi ben no futuro en escoller mellor o seu máis alto persoal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES