Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pescanova

martes, 05 de marzo de 2013
De sorpresa en sorpresa, de disgusto en disgusto. Ese é o sabor que nos proporcionan os nosos amenceres informativos cando nos atacan os primeiros titulares, os primeiros sonidos, as primeiras imaxes.

Se dalgunha empresa estabamos seguros é de Pescanova, a do capitán intrépido que recorre os sete mares conseguindo o mellor da poboación acuática para poñelo nas mesas de todo o mundo. Unha empresa que, coas ramificacións extendidas por diversos paises, da traballo a dez mil persoas sen perder a súa base, orixe e esencia galega.

E de repente enterámonos que Pescanova tamén ten problemas, sexan estes de tesourería, de débeda bancaria, de refinanciación desta ou da venda de produtos que con urxencia solucionen os desfases contables.

Tamén Pescanova, para dicirnos claramente que ninguén se libra de agobios nesta situación agobiante; que ningunha empresa está libre de problemas xa que todas dependen dun mercado onde os recortes oficiais provocan restriccións particulares, menor consumo e ríxida vontade de contención do gasto familiar.

Dísenos que é cousa de pouco tempo, que un xigante coma este reestructurará a súa débeda e reaxustará a súa situación. E eso agardamos porque temos a conciencia de que se unha empresa así cae, con ela farano moitas máis por esa cruel “simpatía” empresarial que fai que os proxectos se comporten como unha fileira de fichas de dominó que ao caer unha fai que as seguintes se desmoronen.

Ogallá Pescanova consiga solucionar os seus problemas. Se o fai, pareceranos que tamén os nosos problemas poden ter algún día solución.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES