Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Profundadas 6

martes, 05 de marzo de 2013
DO PAPA

Xesús dixo claramente: meu reino non é deste mundo. Pero entón ¿qué fai por aí tanto Príncipe da Igrexa, inda tanto trono e cadeiras xestatorias ?
O Papa Benedito (Bendito)acenounos primeiro. Pero non pudo ser.
Despois díxonos que xa non tiña forza corporal nin espiritual para tanta cousa, e a xente comezou a escamarse por se se lles baixaba da Cruz. Tampouco pudo ser.

Finalmente o Papa, con infindas precaucións, dixo: ¡¡ a Igrexa necesita evolución e renovación !!. E tódolos papistas sentíronse inconsolablemente orfos.

Cando de pequenos íamos ás mazás e soltábanos ós cas, o amigo Moncho -o da perna ortopédica- berraba sempre fatigosamente tras de nós: ¡¡Non corrades que é peor, que é peor...!! . E agora, cando vamos ós bosones, a Xerarquía sigue facendo sempre o mesmo -o mesmiño-: escapando detrás.

DO INSOMNIO

O noso pensamento é tan inevitable coma alleo. Non é fácil pecar con el.
Sen embargo, unha filosofía sabia e desvinculada aseméllase moito á masturbación.

¿E quén dicía aquilo de que Dios non sabía facer a evolución, nin o heliocentrismo, nin a circulación da sangue?. Pero, ¿cómo se pode ser tan animal?

Respecto a Creación, Hawking non da saído do simil da reloxería; se ben xa sen reloxeiro.

E, xa postos, o que pasa é que os grandes imposibles (o infindo, o espazo, a nada, o principio, a eternidade etc.) non poden ser cribados polas nosas peneiras. Son outra cousa.

Se vostede -coma eu- dalle a un DVD para atrás, dentro del o Universo volveráselle tolo. Por exemplo, as defenestracións converteranse en saltos de altura, as cousas caerán hacia arriba, os efectos producirán causas, a gravidade, repulsións e o ceo, vértigo. Pero nin o Universo nin o tempo poden facer tales cousas; non son así. Isto é o que me ensinou Tati cara atrás; que non se pode viaxar ó pasado, que non hai máquinas do tempo e que, ó mellor, xa nin tempo temos..

DO ÓSCAR

O Quixote impreso en papel hixiénico e con faltas de ortografía inda é o Quixote.

Pese a elo, nin Dickens, nin Victor Hugo, nin Bernard Shaw, nin Shakespeare, nin Tolstoi, nin os mesmísimos Cervantes e San Mateo recibiron nunca o máis mínimo Óscar.

DA CRISIS

Como se sabe, “democracia” quere dicir etimoloxicamente “goberno do pobo” -da plebe-. Pero hoxe en día semellaría máis xusto falar do“ goberno dos gobernados”. O malo é que tal réxime tería que chamarse “pancracia”.

A burbuxa do ladrillo podería atenuarse poñendo en cultivo centos de miles de terrazas que por riba das casas se cocen agora esterilmente ó sol. Non é tan fácil roubarme esta idea.

Suxerente contribución a do ABC 27/2/2013, en primeira plana, a mellorar a crisis do separatismo centripetista: “GOLPE DE AUTORIDAD DEL MADRID EN BARCELONA” nos di. Non di, por exemplo, “GRAN TRIUNFO DEL MADRID SOBRE EL BARCELONA” ou similar. Non. Di “golpe” e “Barcelona”. Xa sei, xa sei, que non é para tanto e que si patatín e si patatán”. Non mo expliquedes que me aburro. Xa o di o refrán: “Se queres saber o que a xente pensa de ti, observa ós seus nenos”. A torpeza secesionista non é soamente unha cousa centrífuga e periférica. Pero sobre todo é unha falla de respeto aancestral.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES