Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boas noticias

viernes, 01 de marzo de 2013
Hai quen pide boas noticias. Todos agardamos boas noticias que nos entonen o corazón e poidamos contribuir á construcción do clima que permita seguir camiñando colectivamente senón co entusiasmo doutrora si coa mínima tranquilidade necesaria.

Pero se analizamos as que imos recibindo día a día, hora a hora, non hai boas noticias nas que poder fixarnos, nin siquiera intentando seleccionar aquelas que poidan pasar desapercibidas entre o total da información que a diario recibimos.

Cada día son centos as mensaxes que os medios informativos nos proporcionan, que completan – co que os nosos sentidos perciben directamente do mundo real – o conxunto de influxos que recibimos, cos que formamos unha idea eral da actualidade que nos invade.

E tanto no aspecto social, no que a crise se manifesta abruptamente, como no político onde a acritude é o aspecto dominante se esquecemos outras carencias básicas, e xa non digamos no económico onde a caída de empresas e o incremento do paro son os puntos de referencia máis visibles, todo se convirte nun aluvión de malas noticias ao que xa estamos afeitos, no que xa nada sorprende, e no que por moi atentos que esteamos ninguén pode apreciar un mínimo síntoma da bonanza que os augures da político-economía sitúan no segundo semestre deste ano difícil.

Seguiremos esperando, especialmente porque non podemos facer outra cousa. Agardando por unha boa nova, alomenos unha, que nos indique xa non que se produce unha inflexión senón que a caída libre na que nos atopamos aínda permite que haxa un mínimo atisbo de esperanza nun futuro que xa consideramos ben lonxano.

Calquera – do Rei abaixo – podería parafrasear o de “o meu reino por unha boa noticia”. Seguiremos agardando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania