Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lei Anticorrupción fana os corruptos

viernes, 01 de marzo de 2013
Hai un olor nauseabundo, fedente, que sae dos “nosos” políticos e arrecende o aire irrespirábel da sociedade, anda por riba das nosas cabezas e salfire.

Falo dalgúns dos “nosos” políticos, mais de “nosos” non teñen nada, máis ben están contra nós, somos como un inimigo a bater, a aniquilar decontino.

Tiñan que ser persoas ao noso servizo, pero sérvense de nós para medrar eles e para medrar os que os compran; a nós demólennos, somos edificios ilegais nas leis que eles editan e publicitan. Sácannos o diñeiro a través dos impostos e dos recortes, estreitan as posibilidades educativas e sanitarias para chegar a unha vasalaxe presentida polos lances, que coa súa especial cana de pescar o que conseguiramos ao longo da historia vannolo sacando a cada lance entre socalco e socalco da ribeira, como se de troitas ou peixes se tratase: hoxe tócalle á xustiza, mañá á investigación, pasado á educación, disminución de bolsas, Erasmus, soldos, extraordinarias, dereitos adquiridos, días de lecer, . . e así estamos nun “continuum”; mais eles ao seu, danse a volta, e van facer unha lei da anticorrupción nada menos que senón todos, si unha boa parte dos corruptos.

Seguro que lles ha de ir moi ben!, imaxínense vostedes, isto é coma o lobo que se pon de gardián das ovellas – a verdade é que mellor garda non a hai -, porén os comidos sempre seremos nós. Váianse vostedes porque nos feden de lonxe e deixen as novas xentes e ás xentes vellas e novas construír a democracia que merecemos.
O seu sempre afectísimo, Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES