Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despois dos bancos, nós

miércoles, 27 de febrero de 2013
Os bancos xa poden estar contentos, por ter o seu problema resolto. Así se desprende dos resultados presentados ao comezo do presente mes por parte dos catro grandes bancos españois – Caixabank, BBVA, Popular e Santander- que se o pasado ano gañaron menos ca o anterior, debeuse a que parte desas ganancias tiveron que dedicalas a dotar as partidas presuntamente insolventes da súa contabilidade. Pero gañaron diñeiro.

E proba diso é que xa devolveron boa parte do que lles adiantou o Banco Central Europeo para manter a súa solvencia e nivel de actividade e polo tanto de beneficios. E cabe supor que andarán a facer contas coa Facenda española en relación coas cantidades que recibiron para o mesmo fin, e que se supón van representar arredor do tres por cento do Produto Interior Bruto do país, cifra polo de agora non prevista nin calculada á hora de botar as contas xerais coas que temos que responder diante dos nosos socios da Unión Europea.

Sen comprender ou polo menos sen compartir esa tremenda preocupación dos gobernos pola Banca en detrimento dos particulares, da cidadanía, velaquí que debe reconfortarnos como cabe supor lles conforta a eles saber que os grandes da banca van solucionando os seus problemas volvendo a unha normalidade na que debe ser o único estamento do país que o disfrute.

Pois agora debe ser o noso momento, o momento dos cidadáns, o momento en que os cidadáns poidan acudir a unha entidade bancaria de pé e non de xionllos a tramitar –non a pedir- unha operación financieira, desas que ata agora prácticamente nos estaban vedadas.

Ou eso, ou o diluvio. E nun tempo no que as choivas foron abundantes, agora toca que escampe e que alboreee unha primavera e non só climatolóxica para, polo menos, poder vivir. No máis amplo sentido da palabra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES