Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poñer coto a este desmán

lunes, 25 de febrero de 2013
Ogallá a crise que vivimos fose exclusivamente económica, porque entón saberíamos con que enemigos combatíamos, con que armas contábamos e en que escenario nos movíamos.

Pero a crise que nos abafa é moito máis ca eso, como moitos agoiraban hai tempo. Ou quizais o que resulta é que as crises nunca son específicas, dun só campo de acción, senón que calquera factor actúa como unha espoleta que fai estoupar o contorno social. E neso estamos.

Aos profanos resúltanos extraño que ao outrora financiero Dorribo, venerado por toda a clase política, social e económica, cando lle deu por confesar, implicou a outras persoas ou institucións, e as súas palabras – que deberan ser dubidosas por principio, dada a súa situación legal – son consideradas polos que as escoitan, todos os que as percibimos a través dos medios informativos, co mesmo valor e peso que se fosen sentencias de cousa xulgada.

A outro nivel máis alto socialmente, que non por limpeza exemplar, o que está a ocorrer co enxuizamento do xenro do Rei de España, onde o protagonismo actual corre a cargo do socio que non amigo Diego Torres, e os seus correos electrónicos onde parece implicarse ao que os puramente monárquicos consideran o máis sagrado, fai pensar que algo non funciona ben nun sistema no que a palabra dun acusado manexada con habilidade, pode conmover un país.

E a outro nivel diferente, na máis alta esfera relixiosa de Galicia, o tema do roubo da Catedral de Compostela, onde o feito é que un desaprensivo roubou a nosa maior xoia histórico-literaria máis un par de millóns de euros, e a súa maior defensa consiste en aducir comportamentos impropios na sede catedralicia e que moitos outros roubaban tamén.

Nós, como lectores, oíntes ou televidentes, recibimos as novas que nos ofrecen os medios. Os medios – e publico desde un- teñen a obriga de difundir toda a información que nos chega. Pero algo falla, e non é no mecanismo informativo, senón máis arriba. E xa que os implicados e os seus asesores legais difunden temas que deberan ser de exclusiva competencia dos xuices ou xurados, parece conveniente –parece obrigado, e no tema da Igrexa parece que xa se vai facer- que os xulgados correspondentes poñan coto a este desmán informativo que nada contribúe a prestixiar a xustiza nin facilitar a nosa fe nela.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES