Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medidas de choque

lunes, 25 de febrero de 2013
Por fin este Goberno parece dedicido a conseguir que o país reviva despois de tantas operacións de cirurxía moito máis ca estética, recortando apéndices máis ou menos sensibles que a todos nos afectan.

Agardábamos de Mariano Rajoy, no mesmo comezo da súa andadura á fronte do goberno da Nación, que tomase medidas resolutivas para o endereitamento da economía, pero detívose todo un longo ano en facer extirpacións máis ou menos necesarias, máis ou menos aforradoras, máis ou menos doorosas.

E un ano despois, cando as cifras do paro son estremecedoras, parece chegado o momento de que o Goberno se ocupe deste tema que debera ter primacía absoluta como o ten para a xeneralidade dos españois.

Faltan por coñecer na súa totalidade as decisións innovadoras que o Goberno tome en relación coa creación de emprego, especialmente dos rapaces, axuda aos autónomos e pequenas empresas, bonificacions e apoios para un sector que agoniza e do que depende a economía actual e futura do país.

E falta que o Goberno cumpra cunha promesa feita na campaña electoral que agora se adía un ano máis como é a de que as pequenas empresas e autónomos non teñan que pagar o Ive das súas facturas ata que estas sexan cobradas, por ser a situación que se ven arrastrando manifestamente abusiva. Pero aínda haberá que agardar ata o 2014 para que este problema se vexa solucionado.

Eso, se damos agardado. Porque desde agora ata o ano que ven haberá moitos que queden no camiño por non poder resistir a situación actual. Moito ten que improvisar o goberno para animar unha situación á que case ninguén ve remedio co rumbo actual das cousas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES