Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grisalla política

miércoles, 20 de febrero de 2013
Hai unha grisalla política que nos envolve, unha auga miúda caendo decontino no devalar da nosa presunta democracia, democracia que nunca foi senón un intento intrépido dunha pescuda política, un caldo de cultivo a mellorar desde unha transición experimental e que se trocou nesta corruptela xeneralizada da mal chamada “clase política”, por que os políticos non poden nin deben ser “clase”.

O termo “clase” xa leva consigo intrinsicamente o concepto de corrupción, de aí que toda esa “clase” deba dimitir en “manada” por que non somente é corrupto o que o é, senón que tamén hai que meter na mesma “charcutería chouriceira” a aqueles que non sendo, calan as súas prebendas e tratan de poñernos unha venda nos ollos, ou tratan de convencernos de que gañan menos na política que nos seus postos de procedencia, cando a realidade é outra.

Un político, banqueiro ou quenquera, non pode nin debe cobrar ao ano 200.000 euros por moi presidente que se sexa. A dignidade humana non entende que unha cantidade tal poida ser devengada a unha persoa que é terrenal como todos e que lle supón á ética dos traballadores unha vergoña, así como para toda persoa de ben que siga os cánones da xustiza e do merecemento. Rebáixense os soldos e prebendas postas pola súa “clase” e principiaremos a dignificar esta envoltura de grisalla que vostedes barruzan cada día no transcurrir intrépido dos óbolos prateados e impostos ao calado e falseando o que vostedes malchaman democracia.
Seu sempre afectísimo.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES