Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teño saudade de ti

lunes, 18 de febrero de 2013
Teo saudade de ti O día doce de febreiro a Uned Senior de Xestoso visitou Melgaço, o pazo de Brejoeira, Fotaleza e Monçao. A explicación é porque temos saudade dos nosos irmáns do norte de Portugal que un desafortunado día a política se encargou de separar como nos deixou escrito o poeta de Monçao, Joao Verdes.

Como desto xa fai máis de novecentos anos, resulta que agora vémo-lo resultado de todas aquelas actuacións. A separación creou enemistade e a enemistade creou medios de defensa adaptadas a aquela época. Por ese motivo construíronse cidades-fortaleza que hoxe en día tan só serven como reclamo turístico.

Pero realmente tamén deberían servir para recapacitar sobre algo máis:
Naquel momento, Portugal independizouse, si; pero…¿a que prezo?:
-Creou inimigos ó outro lado do Miño.
-Construíuronse cidades-fortaleza aproveitando o sangue de moitísmas persoas utilizadas como escravas.
-Gastouse o que había e o que non había, incluindo moitas vidas humans, na construción das mesmas, para que un señor feudal e o seu séquito puidera vivir a resgardo na súa torre, mentres o pobo morría de miseria e escravitude.
-Pasado algún tempo as fortalezas deixaron de ter significado como tales. E os señores feudais tiveron o mesmo destino que tódolos humanos, ainda que pudieran reservar unha praza para ser sepultados nas propias igrexas, como se pode observar nas tumbas baleiras que hoxe en día se atopan tapadas con madeira.

¿Podemos imaxinarnos como sería o Reino de Galicia se esto non ocorrera?

O certo é que a vida vai como vai e só o tempo dá a razón, pero, en moitos casos, xa fóra de prazo.

Sería de moita utilidae que o ser humano aprendera das leccións do pasado; pero, desafortunadamente, caemos sempre na tentación e tropezamos moitas veces na mesma pedra porque a soberbia e a avaricia son contantes en tódalas xeracións ó longo da historia da humanidade.

A pesar de todo, na Uned Senior de Xestoso sentimos saudade polos irmáns do outro lado do Miño e fómolos ver. A verdade é que, o que é ver, vimos moi poucos: un labrego cun tractor ó pé do Balneario de Penso, uns albaneis restaurando unha casa en Melgaço, algunhas persoas en Monçao e unhas poucas máis en Fortaleza que nos rogaban co bacallau e outros productos.

Con todo poidemos ve-la súa arquitectura representada polos seus castelos, as súas murallas, os seus restos arqueolóxicos, as súas igrexas, as casas señoriasis con escudos das diferentes familias acaudaladas, os seus balnearios, as súas casa de indianos do Brasil e a India, e a súa historia sabiamente explicada polo noso Profesor; sen esquecer os seus viños e o Palacio da Brejoeira, decorado como o Versalles onde tiveron e teñen lugar encontros entre persoeiros portugueses e españois, entre eles o noso paisano Don Manuel Fraga Iribarne.

As súas igrexas románicas, están perfectamente coidadas con retábulos barrocos, belos artesonados e madeiras moi ben coidados da couza con profundo e perfumado cheiro a aceite de liñaza.

A paisaxe é preciosa: os seus viñedos en altas postas para aillalos da humidade, as montañas de Leboreiro, onde habita o preciado can do mesmo nome e onde se atopa o famoso Santuario da Virxe da Peneda co balneario de Penso ós seus pés e o río Miño con sabrosas lampreas, que promocionan durantre este mes de febreiro e o de marzo como o prato por excelencia nos restaurantes de Caminha, Melgaço, Mónáo, Paredes de Coura, Valença e Vilanova de Cerveira.

Tamén son famosos persoas como:
- Inés a Negra defensora de Melgaço.
- Deus a deu, panadeira de Monçao que abasteceu de provisións ó exército.
- E o poeta Joao Verdes que nos deixou un precioso poema que se atopa escrito nun azulexo mirando a Salvaterra de Miño, onde o visitante pode ler en portugués a causa política da segregación daquelas terras do antigo Reino de Galicia. Joao Verdes foi amigo de Rosaía de Castro e o seu home Manuel Murguía, aínda que era algo máis novo que eles.

Teño saudade de tiHoxe en día é un lugar de moito interese turístico pola súa
historia, pola súa paz, pola súa beleza e pola súa gastronomía.

Aquelas terras están moi vinculadas por razóns históricas, lingüísticas e sociolóxicas coa nosa. De feito indo camiño de Melgaço puiden ver un indicador que poñía Paderne, pero non era o Paderne onde ten unha aula a Uned Senior de Xestoso.

Aquel Paderne é unha das fregresías máis grandes e máis populares do concello de Melgaço, que conta cun centro de día con balneario incluido.

Que o noso Profesor é unha eminencia na súa materia, todos o sabemos. Lembrar todo canto el nos dixo sería algo así como un milagre.

Esta viaxe igual que todoas as restantes, ademais de ensinarnos moitas cosuas, serve para mellorar moito a nosa anutoestima e a nosa identidade galega.

Ó meu humilde parecer, o feito de mellora-la autoestima do alumnado da Uned Senior de Xestoso e a súa identidade galega, é tanto ou máis necesario que os propios coñecementos. Claro que sen coñecementos non poderíamos saber cal é a nosa identidade porque non poderíamos comparala con ningunha.

Foi unha viaxe moi intensiva, pero sumamente proveitosa.

No nome do alumnado da UNED Senior de Xestoso e no meu nome propio, quero manifestar o máximo agradecemento a tódalas persoas e a tódalas entidades que fan posible este interesante labor a favor do medio rural galego.

¡Viva a Uned Senior de Xestoso!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES