Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unión: ata que a morte nos separe?

viernes, 15 de febrero de 2013
Como ningunha situación terrea é eterna, hai unha corrente de opinión que se pregunta e pregunta se a unión de España coa Unión Europea é ata que a morte nos separe, ou cabe algún tipo de divorcio.

O mecanismo do divorcio, que neste país é relativamente moderno se non consideramos a breve vixencia durante a Segunda República, ven solucionar problemas graves de convivencia matrimonial, cando se evidencia que a única solución para o futuro é a separación radical das dúas partes.

O matrimonio que se fixo a multibanda coa adhesión de España á Unión Europea estableceuse en época de bonanza, época de viño e rosas onde todo era satisfactorio, e este país percibía importantísimas aportacións para a promoción de determinados sectores que lograrían a igualdade económica entre os diversos socios desta magna empresa.

Pero a crise veu rematar con esa etapa feliz, rebaixáronse as aportacións exteriores, e os paises ricos do norde de Europa impoñen as súas reglas e costumes aos paises sureños, ribeireños do Mediterráneo, onde concorren de xeito especial os factores problemáticos que aqueixan de xeito especial a gregos, portugueses, italianos e españois.

Só o Reino Unido plantea unha posible medida de forza anunciando a posible marcha dunha Unión que non remata de convencelo, e na que non está vencellado tan fortemente como a inmensa maioría dos paises asociados. Pero ninguén máis se fai oir neste senso, na convicción de que a saída da Unión Europea sería desastrosa e irreversible para un país, polo tanto para o noso.

Moitas das restriccións que hoxe vivimos proceden das imprevisións, dos excesos, da desorganización. E o resultado das restriccións son afogamento económico, irresistible ascensión do paro e unha decepción xeral da cidadanía que só vive agardando que os próximos días non sexan peores ca os anteriores.

Alguén debe pronunciarse sobre o que parece un principio intocable: a permanencia do noso país dentro da Unión Europea. Ou, o que é o mesmo, explicar que todo o que estamos vivindo é necesario, merece a pena, e servirá para volver a unha situación parecida á que coñecimos antes de que o ceo se derrumbase sobre as nosas cabezas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES