Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A espiritualidade e a relixión

jueves, 14 de febrero de 2013
O teólogo Enrique Martínez Lozano e a Antropóloga María Dolores Prieto Santana, publicaron o día 30 de Xaneiro unha colaboración na Cátedra CTR (Ciencia, Tecnología y Religión), da que me cabe a honra de ser tamén colaborador, da Universidade de Comillas, un interesante artigo, que titularon “La espiritualidad resurge y la religión decae en la modernidad líquida”, que pode lerse en http://www.tendencias21.net.

Eu, por suposto, non me considero preparado para xulgar o verdadeiro alcance deste traballo, pero confeso que nel vértense algúns conceptos que me parecen adecuados para INTENTAR dar unha explicación, non podo afirmar se de fondo, do baleiro das igrexas na actualidade, e, ademais, a aparatosa diminución das vocacións para o sacerdocio. Só lles traerei aquí algunhas ideas, pois o aconsellable é que o lean por enteiro.

Consideran, con Xavier Melloni, xesuíta, teólogo e antropólogo, que posúe un gran coñecemento das tradicións relixiosas do Oriente e é especialista en diálogos interrelixiosos, que a “relixión é un camiño cara ó desvelado do Real”. Polo tanto, nas relixións o home anda en procura da luz que lle desvele o misterio da súa orixe e do seu destino, como única maneira de dar sentido á súa existencia. Sen embargo as relixións, segundo estes colaboradores, vense afectadas de dous grandes perigos: “aliarse co poder e confundir a súa crenza coa verdade”. E aínda van máis lonxe, posto que afirman que o que era unha construcción humana e un medio para “facilitar a percepción e vivencia do Misterio, convértese nun fin en si mesmo”.

Para estes autores, é mester non confundir “relixión”, unha forma histórica e concreta, coa “espiritualidade”, que é unha dimensión constitutiva do ser humano, e de toda a realidade!. O trato que se lle está a dar á espiritualidade xera consumismo, economicismo, egocentrismo, baleiro existencial ...que “ son manifestacións dun mundo no que se esqueceu A DIMENSIÓN XENUINAMENTE ESPIRITUAL DO SER HUMANO”. E nesta labor de debilitación espiritual inclúen á relixión, dende a súa postura como algo absoluto.

“En consecuencia – din – a atención desviábase cara ás prácticas relixiosas, ás crenzas e ós rituais, en vez de facer prácticas espirituais que permitiran ás persoas vivirse conectadas coas súa raíz última”; pero tamén se fan eco do reduccionismo científico, porque esquece que existe outro modo de coñecer superior e incluso previo a razón, cuestionando na mesma ciencia os postulados materialistas.

Por outra parte, non é infrecuente escoitar que as igrexas van a quedar baleiras, e isto é a expresión do innegable e acelerado declive “que está experimentando, no noso medio, a relixión institucional e, concretamente, o cristianismo”.

Isto explica, sempre segundo eles, que a igrexa entrara nunha crise que afecta aos seus propios cimentos, que só poderá resolverse “na medida en que a relixión renuncie, consciente e radicalmente, a calquera absolutización e asuma vivirse ao servizo da espiritualidade, é dicir, ao servizo do ser humano que anhela vivir en toda a súa verdade”. Pero esta actitude esixirá “a humildade de recoñecer abertamente que o seu credo non pode ser nunca a verdade, senón un “mapa”, entre outros, que apunta cara ao Territorio inefable e á Verdade inaprensible”. Hai, pois, que relativizar a crenzas.

Pregúntanse se será certo que camiñamos cara a unha ESPIRITUALIDADE postcristián. Copio literalmente a resposta. Di así: “Persoalmente, no me parece estraño que as relixións, tal como hoxe as coñecemos, cheguen a desaparecer. En canto configuracións históricas, debedoras do momento en que naceron, son formas transitorias e perecedoiras”.

Acerca da espiritualidade din que é ampla e inclusiva e que pode ser relixiosa, pero tamén non relixiosa, laica, agnóstica ou atea. “Trátase só de “mapas” diferentes que non impiden o recoñecemento do territorio vital compartido”.

Como á continuación das colaboracións van aparecendo os “comentarios”, adiántolles que aquí hai catro, por agora, con diversas críticas: O primeiro empeza con estas palabras: “Indiscutiblemente, excelente ensaio”, e móstrase en desacordo polo que respecta ao reduccionismo científico. O segundo, comeza así: “Bueno...algo está pasando, ya no cabe ninguna duda”. Segue nesta liña. O terceiro corresponde a unha intelectual e di isto: “hace mucho tiempo que esperábamos este artículo”. O cuarto está desenfadadamente en total desacordo co contido do artigo e escribe: “...acerca de lo que se llama espiritualidad, que por desgracia termina naufragando en una serie de arbitrariedades, inexactitudes y falacias que confieso, me han dejado perplejo...” (Segue nesta liña).

Só quero terminar dicindo que a crise que está a padecer a Igrexa non se resolverá, na miña opinión, ata que se estuden a fondo as súas causas e SE ACEPTEN COMA TALES. Polo tanto, ben vidos sexan estes traballos de investigación, pois na crítica vanse abrindo horizontes ocultos por un “fundamentalismo” que refuga enfrontarse á diversidade de opinións, so pretexto de causar danos ós crentes e de saltarse á toureira os dogmas, cando aqueles xa están de volta nese espazo. Consecuente con esta maneira de pensar, nas colaboracións para CTR, da Universidade de Comillas, en Madrid, defendo a tese de que neste século o relixioso deberá investirse dunha maior racionalidade, dende a imaxe sorprendente e nova que as ciencias (astrofísica) crearon do universo, que, como consecuencia, arrastrará a unha maior razonabilidade filosófica e teolóxica.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES