Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé María Díaz Castro

miércoles, 01 de junio de 2005
Xos Mara Daz Castro A corporación municipal de Guitiriz ven de acordar por unanimidade pedir que no ano 2006 se dedique o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.

Por fin, Guitiriz recoñece a talla do primeiro dos seus escritores, que foi patriarca dos poetas da Terra Chá, que é como dicir patriarca da capital poética de Galicia.

Guitiriz veu nacer a Díaz Castro na parroquia dos Vilares, veuno medrar, irse ó Seminario e logo a Madrid, e convertirse, por obra dun so libro - Nimbos - no mellor poeta "relixioso", ou espiritual da Galicia da segunda metade do século XX.

Díaz Castro ten rúa dedicada en Lugo, e agora tamén en Guitiriz. Toda a xente que o coñeceu quedou marcada pola súa personalidade, pola súa sinxeleza, pola súa intelixencia, pola súa cultura... Dominaba prácticamente tódalas lenguas europeas, e conquistaba coa súa palabra.

Psoe, PP e Bng están de acordo en que o gran escritor e magnifica persoa sexa homenaxeado coa data máis grande das letras galegas. ¡Que así sexa!.

Así, ó poeta, que escribiu e viviu marcado pola "sede de luz"; que fixo do Porto Muíño ou de Arxán lugares do paraíso perdido e ó final recuperado, faráselle xustiza despois de morto.

E o Día das Letras fará revivir -¡Semper vivas!- a un dos escritores máis humanos que a Terra Chá (e Lugo; e Galicia) fixo nacer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES