Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Postura diante de Europa

lunes, 30 de mayo de 2005
Os franceses veñen de marcar postura diante da Comunidade Europea, votando "Non" á constitución coa que Europa pretende dotarse. É o primeiro obstáculo importante diante do marco legal futuro, que sen dúbida terá solución política andando o tempo, pero establece unha postura firme diante do que coidamos imparable.

Porque nós, hispanos ou galegos - que o mesmo dá - aceptamos esta Constitución como algo irremediable. Entramos en Europa co retraso que as circunstancias políticas e económicas marcaron, e chegamos á integración case como un premio á insistencia, á resistencia, á constancia.

Por eso, todo o que veña de Europa - sexan axudas, sexa a nova Constitución- é ben vido. Por eso aceptamos a Constitución sen estudiala, sen coñecela. Porque entendemos que se outros a aproban é porque está ben; se todos están de acordo, para nós tamén vale... Temos diante de Europa unha postura de convidados que todo o que reciban dos anfitrións será ben recibido. ¡Que remedio!.

E nestas, que os franceses rexeitan a Constitución. Claro, eles estiveron no grupo dos seis paises promotores da nova Europa, con influencia permanente non só polo seu volume e poboación senón por traxectoria democrática e pedigrée.

Os franceses din "Non" á Constitución, porque saben que poden influir, e dalgún xeito váiselles ter en conta. Velaquí a gran diferencia da súa postura e da nosa diante de Europa. "Diante de Europa", porque nin siquiera asumimos na súa totalidade que Europa somos todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES