Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cabeza visible da monarquía

viernes, 08 de febrero de 2013
No franquismo agonizante, cando a retirada do Xeneral De Gaulle houbo un xornal español que ousou dedicar un editorial ao feito sinalando a conveniencia de tomar exemplo do tema e abrir tempos novos. Non fixo falla nada máis para que o xornal tivese problemas irreversibles que o abocaron á desaparición.

A noticia xurdida na metade da semana pasada da abdicación da Raíña de Holanda por cumprir setenta e cinco anos, dando paso ao seu sucesor, fixo aparecer comentarios, medias intencións e paralelismos indicando que en España dase esa mesma idade no monarca e que existe un herdeiro de 45 anos de idade que se considera o príncipe mellor preparado da historia.

Chegados a este punto non debemos esquecer que se ben a entronización legal do actual Rei se fixo de acordo coas normas e no tempo do franquismo, a S.M. foi gañando aprecio e consideración durante os longos e difíciles anos da transición, e conseguiu o definitivo espaldarazo o 23 de febreiro de 1981 cando o Tenente Coronel Tejero invadiu o Congreso dos Deputados e secuestrou o Goberno en pleno e a todos os representantes españoles naquela institución.

Certo que nos últimos tempos a institución da Monarquía deixou de ser a máis valorada polos españois por comportamentos e circunstancias personais dalgúns membros da Casa Real, pero aínda así non podemos esquecer os servizos prestados ao país por unha institución á que lle queda moito que representar e conseguir.

Non estamos agora mesmo no mellor momento para un cambio radical do calibre que se insinúa. Que chegará, pero estamos combatindo en determinados frentes, atendendo demasiados lumes como para enfrontarnos de repente a un que marcará as próximas décadas e a nosa propia vida colectiva.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES