Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internet é inocente

viernes, 27 de mayo de 2005
Internet, Rede de redes, está cada vez máis implantada nas nosas vidas, como xeito de comunicarse, como prestador de servicios de formación e información, como posibilidade de expresión para quen teña algo que dicir, como -en fin- posibilidade certa de recibir e facilitar información no mellor exemplo de "feed back" que a tecnoloxía permitíu ata agora.

Internet está a disposición de calquera iniciativa, sexan cal fosen os medios de que dispoña. Naturalmente que os resultados técnicos, artísticos ou de validez como medio informativo serán tamén proporcionais ós esforzos aportados, xa que entre unha páxina persoal e un Portal especializado ou xeneralista existe a diferencia que marcan os medios e os esforzos.

Por esa posibilidade de incursión libre en Internet, territorio virxe e libre, este novo mundo presenta ofertas beneficiosas, xeitosas, utilísimas en milleiros ou millóns de ocasións. Pero de cando en cando, é tamén campo aboado para o engano, a estafa ou o delicto.

As boas novas sobre Internet comezan xa a non ser noticia, pero son noticia merecidamente destacada as incursións na rede efectuadas por delincuentes, das que a máis recente é esa rede de pederastia na que se violaba a nenos para incluir esas imaxes en Internet e por riba lucrarse do delicto e da súa difusión.

O mundo libre que é Internet, concebido para o progreso, a cultura, a relación, vese deturpado por miserables que presumen das súas miserias aproveitando o servicio público que Internet supón. E os poderes públicos, que evidenciaron axilidade e intelixencia no descubrimento desta atrocidade, deben ser implacables agora e sempre na defensa da pureza, da inocencia, das grandísimas posibilidades sociais da Rede.

Internet é inocente. Quen non respecte esa inocencia, sufra o peso da Lei. E no caso extremo que nos ocupa, un castigo especialmente exemplar non poderá mitigar o horror que nos invade pero quizais impida que outros monstruos poidan iniciar novos vieiros de horror.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES