Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empanada

jueves, 26 de mayo de 2005
Todo vale en política (Dentro dun orden).

O P.P. organiza unha xuntanza de afiliados e simpatizantes en Silleda ó que consegue que asistan 23.000 persoas, estimando tal presencia polas racións de empanadas consumidas neste acontecemento, a razón dunha por asistente.

Razón teñen para facelo porque empanada e tortilla son maneiras ben xeitosas de conxuntar sabores e productos da nosa terra de xeito que se convirtan en platos únicos nunha xuntanza popular.

O opoñente político ó Presidente Fraga, o candidato Touriño aproveitou para xogar coa denominación "empanada" e o xeito de contabilizar presentes no acto a través de ración alimenticia. A súa resposta, baseada en argumento pouco consistente, resultaba lastimeira máis ca contundente.

Os Populares reinciden, e preparan xa a xuntanza tradicional de Monte do Gozo, no que tamén rexirá o mesmo sistema de control de asistentes. Prevense 30.000.

Baños de multitudes que para Fraga empezaron en Buenos Aires con 10.000 galegos, e parecen ir en crescendo, como elementos de ánimo para militantes e de impacto para votantes en xeral.

Nada malo se aprecia na utilización dun elemento gastronómico como control de asistencia, e hai que prever con amplitude para evitar que as existencias rematen antes de atender toda a demanda.

Aquí non existe a posibilidade de ampliar as racións según a demanda do momento, e menos o milagro dos pans e dos peixes feito por Xesucristo diante da afluencia imprevista nun dos seus actos públicos.

Os galegos xa temos gañas de que empece a campaña electoral pura e dura, e se utilicen argumentos fondos e serios nesta contenda que se prevé forte e descarnada. Porque, polo de agora, utilizar como arma electoral a falla de arrugas nos carteis de Fraga ou a presunta consideración dos galegos como cachos de empanada sonan a infantís aleluias.

Que empece a festa... E !a bailar todos!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES