Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Licencia única

viernes, 01 de febrero de 2013
Énchesenos a boca falando de “ventanilla única” para a presentación de documentación da Administración, e hai que agardar para o comezo de 2013 por unha licencia única que acredite que unha empresa pode funcionar en todo o Estado español.

Ninguén máis disposto que nós, os galegoS, situados na esquina máis lonxana para entender as vantaxes e a necesidade dunha descentralización autonómica que facilite o autogoberno e o mellor entendemos dos temas que sexa posible administrar por parte dun poder autonómico. Debendo entender tamén que hai determinadas materias – exército, moneda, relacións exteriores... – que deben quedar excluídas xa que corresponden ao conxunto do Estado.

Do mesmo xeito non é lóxico que unha empresa autorizada para o seu funcionamento nun determinado lugar do Estado, pertencente a unha autonomía, non poida facelo axeitadamente en todas as demais, ou non poida concorrer a determinadas licitacións efectuadas por parte dalgún goberno autonómico.

O goberno central pretende solucionar este problema e ven de aprobar a tramitación dunha Lei que regule a licencia única, do mesmo xeito que calquera certificado sobre un producto efectuado por unha autonomía bastará para que sexa legal e válido en calquera outra.

A Vicepresidenta Sáenz de Santamaría negou que e tratase dunha norma “recentralizadora”. Verdadeiramente é unha Lei normalizadora, anulando un sen sentido, por considerar que hai materias, temas e feitos que teñen que estar normalizados, unificados, para evitar que un Reino das autonomías se convirta nun Reino de Taifas, ou –o que é o mesmo, en linguaxe coloquial - nunha “casa de tolos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES