Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tobío e a representación política da emigración galega

jueves, 31 de enero de 2013
Acción exterior de Galicia

Tobío e a representación política da emigración galega

Semella querer reabrirse novamente a cuestión do dereito ao sufraxio da diáspora. A modificación introducida recentemente derivou, como cabía esperar, nun arredamento total dos colectivos da diáspora do proceso electoral. Apenas algo máis do sete por cento solicitou votar nas últimas eleccións (fronte ao trinta e un por cento que participou nos comicios autonómicos de 2009).

Estamos ante unha nova oportunidade para reconducir pronunciamentos dramaticamente errados. Pode resultar útil lembrar agora que na asemblea de creación do Partido Galeguista, celebrada en 1931 en Pontevedra, Lois Tobío, especialmente activo nese evento, formulou unha emenda ao programa do partido encol do voto dos emigrantes. Ilústranos Xavier Castro en “O galeguismo na encrucillada republicana” (1985), que os relatores retiraron o artigo inicial obxecto de discusión. A emenda aprobada ía no senso de ampliar a participación dos emigrantes, e quedou así definida: “Estudo dunha fórmula que permita aos emigrantes ter representación directa na organización política de Galicia”.

Estabamos en 1931 e tíñano perfectamente claro, mais do que podemos telo hoxe cando contamos con numerosos medios ao noso dispor e que desaproveitamos por esa confusión que mestura sufraxio e corrupción, sacrificando unha das maiores singularidades da política do noso país que deberiamos encarreirar por outro vieiro. Ecuatorianos, venezolanos, asentados na península, vímolos estes días atrás participando activamente nas campañas electorais dos seus respectivos países, unha enerxía que sabiamente pulan por incorporar á súa vida política, con fórmulas e procedementos acaídos e con garantías.

Galicia non pode ser un lastre para a diáspora. Representación directa na organización política de Galicia. Mellor non se pode expresar.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES