Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os plenos do Parlamento

martes, 29 de enero de 2013
É difícil contentar a todos, pero hai que manter as formas. É difícil no Parlamento galego –e en calquera outra cámara- ter abertos ao público os plenos como parece lóxico, se non é posible controlar o comportamento do público asistente.

Claro que os plenos deben ser públicos, o que pode entenderse como que o público accede en determinadas condicións, ou que se transmite en directo ou en diferido todo o seu contido por calquera dos variados procedementos que permiten as novas tecnoloxías.

E está moi ben que os galegos, neste caso, poidan acceder á parte reservada ao público no hemiciclo para contemplar en vivo e en directo como se comportan os seus representantes. E está ben mesmo que eses representantes inviten a amigos, parentes, coñecidos ou comilitantes para que sexan observadores da súa función, da actividade do Parlamento e da incidencia dos temas exteriores no desenvolvemento das actividades da Cámara.

Pero o que non é de recibo é que o público pretenda intervir no desenvolvemento das sesións nin por activa nin por pasiva, e desde logo exhibindo pancartas, camisetas ou calquera outro medio de chamar a atención que desentonar co espíritu e coa actividade que debe reinar nun marco así.

Quizais é moi drástica a Presidenta da Cámara ao prohibir a entrada de público nas sesións plenarias, pero o que está claro é que baixo ningún concepto se pode consentir que o público faga sentir – ben se entende de que se trata – a súa presencia a favor ou en contra do que alí se estudie ou se decida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES