Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso porvir

lunes, 23 de mayo de 2005
Dúas previsións que inciden directamente sobre Galicia traen consigo ventos racheados de inquedanza. Unha, referida ó envellecemento da poboación; outra á desaparición do galego.

En canto á poboación, parece ser que se confirma á tendencia ó envellecemento dos galegos de xeito que dentro dunha ducia de anos teremos un doce por cento máis de maiores de 65 anos, unhas 70.000 persoas máis, de xeito que as provincias de Lugo e Ourense terán na súa poboación unha persoa de cada tres maiores de esa idade.

Cae a natalidade, diminuirá a poboación e envelleceremos en conxunto un pouco máis.

Por outra banda, un estudio efectuado por profesores da Universidade de Santiago conclúe que aló polo 2100 o galego desaparecerá como idioma, por consunción.

O porvir, polo tanto, preséntasenos moi negro.

Se esto pretende ser un toque de atención, pois moi ben, porque afortunadamente as cousas da vida non están rexidas nin por fórmulas matemáticas nin por previsións de estatísticos e son infinitos os factores que nelas poden influir.

Que o galego terá desaparecido dentro de noventa e cinco anos, será se segue a marcha que agora ten, con diminución de habitantes, esmorecemento dos falantes e invasión de linguas foráneas. Pero se a invasión do castelán desde a época dos Reis Católicos, as presións da aristocracia galega dos séculos pasados ou as imposicións do franquismo deixaron rescoldos que foron aventados polos diversos ventos que nos moveron, non é posible pensar que nestes noventa e cinco anos que virán non haberá ningún movemento telúrico-social que revolucione o noso vivir, as nosas relacións, a nosa expresión.

Do mesmo xeito, a evolución da nosa sociedade. Se envellecemos como pobo, pouco poderiamos esperar do futuro máis que a consunción. Pero ahí están para influir neste proceso a chegada de inmigrantes que atopan aquí nova patria, a volta dos que se foron, dos seus fillos e dos seus netos, e tódolos imprevistos que inflúen na vida que son infinitos.

¿Como vai ser o noso provir?. Non se sabe. E todo o que se especule, é eso: Pura especulación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES