Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 anos do Casón

viernes, 18 de enero de 2013
Pasan os días sen sentilos, e cambian os anos. E de repente dámonos conta que o paso dos anos vainos proporcionando un pouso de memoria, e comprobamos como se vai conformando a historia, pouco a pouco, con intervención de centos, de milleiros de persoas, de maneira que conxuntamente imos facendo historia persoal, historia do noso pobo, historia do noso país.

E de repente démonos conta que hai xa un cuarto de século daquela traxedia do Casón, barco que naufragou nas nosas costas, cargado de material venenoso, contaminante, que aínda hoxe non se coñece con total seguridade.

E como se produce na costa coruñesa un forme movemento de repulsa diante desa carga que se deposita no porto, deciden as autoridades traela para o interior de Galicia, tendo como primeiro destino o Campamento de Parga.

Pero prodúcese a revolución de Guitiriz, que elixiu a Alfonso Blanco Torrado, crego, como lider natural, e se orixina un levantamento popular que forza ás autoridades a levar ese material noxento primeiro cara ás Pontes e logo a Alúmina-Aluminio para embarcalo cara a Holanda, de onde procedía.

O sábado, día 12, en Guitiriz, celebrouse o cuarto de século da revolución do Casón, coa presentación dunha revista, coa proxección dun video, e cunha homenaxe a Alfonso Blanco Torrado nomeándoo “Veciño necesario”, asistindo aos actos máis de trescentas persoas.

O vídeo péchase cun poema pensado e recitado por unha señora que non sabe ler nin escribir, contén manifestacións de xente que naquel momento se enfrontaron ás forzas da orde, e á súa proxección asistiron xentes do Guitiriz rural, desde nenos que daquela non naceran ata vellos que daquela non o eraan. Foi verdadeiramente emocionando comprobar o impacto social que entón tivo o Casón, e agora a súa lembranza.

E no medio Alfonso Blanco Torrado, que leva máis de tres décadas revolucionando pacífica e culturalmente Guitiriz e a Terra Chá e daquela lle tocou encabezar un movemento revolucionario á vez que pacifista, que fixo historia, e agora comprobamos a súa transcendencia.

É bo celebrar cumpreanos, aniversarios e non cabodanos como nesta celebración se fixo. Nunca tan unido se veu o pobo de Guitiriz na defensa da súa integridade, da súa saúde, da súa existencia como pobo. Nunca tan agredido se vira nos seus dereitos de saber e entender o que lle pasa, e o que pasa polo seu territorio. Vintecinco anos despois, Guitiriz é – foi- un pobo alegre e unido que celebrou alborozado un cuarto de século desa súa maioría de idade. Tendo a Alfonso Blanco Torrado, crego e loitador cultural sempre do seu lado, á fronte e como respaldo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES