Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non, así non..., Sr. Presidente

jueves, 17 de enero de 2013
Como digo noutro artigo, cando raio (perdoen o exabrupto) vamos a deixar de manter actitudes maniqueístas os españois no campo político?. Se en todo progresamos, por qué non procuramos facelo tamén neste ámbito?.

Pois non; seguimos manexando os mesmos termos, “dereitas”/ “esquerdas”, con connotacións xestadas nunha etapa histórica que, se non debemos esquecer, si sería moi conveniente detestar, porque nela ademais de quedar o territorio español ben cheo de cadáveres e regado pola sangue de non poucos inocentes, tamén abundaba en irresponsables e incompetentes políticos dun e doutro lado: Os méritos académicos dos dirixentes quedaron minimizados por unha praxes torpe, irracional, dunha incualificable bestialidade e cínica, ben sexa por infidelidade aos principios máis elementais que inspiran aos sistemas de humanización, ou ben sexa por indisciplina e respecto debido ao constituído constitucionalmente.

Acaso seguimos sendo herdeiros daqueles tempos?. Precisamente, cando tanto presumimos de ser “progresistas”, cómo é posible que aínda sigamos atados a un pasado que non ten nada de memorable?. Por qué utilizamos aqueles termos como algo aldraxante contra o adversario político, alternativa e ocasionalmente contra unha ou outra posición, aínda cun certo reproche e espírito bélico?.

E isto ocorre precisamente agora cando hai un grupo importante de intelectuais que están poñendo de manifesto que estas dúas posturas extremas (dereita e esquerda) deben ser superadas por outras, nunha “terceira vía”, porque están descafeinadas, e afectadas dun máis ou menos perceptible desnorte. E mesmo ten aquí aplicación a dialéctica hegeliana, con aquilo de teses, antíteses e sínteses. Miren por onde o pensamento que xerou aquela dereita e esquerda hegeliana ofrece, a vez, unha solución!.
Neste contexto, entrevistan ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia en Intereconomía, creo que exactamente o día 14 deste mes de xaneiro, e non deixou de acordarse dunha esquerda que critica a privatización da administración de certos servizos, pero que, cando se lle pide que explique cómo nesta situación de crises se poden soster, non dan solucións, só críticas. E ten razón, porque iso foi o que fixo a dereita na oposición ao goberno socialista no Estado. Pero...Señor, acaso non ten vostede outros saídas sen dar motivos a que critiquen a entrevista, por outra parte interesante, coma un amaño de propaganda partidista?.

Item máis: Resulta que somos os cidadáns (ou os medios, coma voz do pobo) os que temos que manter o crédito e a confianza das institucións do Estado, porque son moi necesarias neste tempo de crises!. Outra vez o pobo é o culpable e ten que acreditar as institucións que desprestixian os mesmos políticos.

Sr. Presidente, así non; procuren vostedes investilas de credibilidade e non as desprestixien coas corrupcións e a ineficacia, e verán como o pobo as respecta. Esíxalle vostede ao pobo que sexa obxectivo e xusto a hora de establecer xeneralizacións improcedentes, porque, evidentemente, non todos os políticos son iguais a hora de desempeñar as súas obrigas; pero non o culpe do que non lle corresponde, porque para iso tivo abondo con pagar a culpa dos bancos e das caixas, que os organismos competentes do Estado deixaron que caeran nese estado de insolvencia.

Respecto a outros elementos da entrevista, non esqueza tampouco que hai moitas medidas de reducción de gastos na administración do Estado que están sen realizar, pese as promesas iniciais. E aqueles organismos que carecen dun papel importante e necesario na sociedade, sobran, por máis que os defendan quen ostenta cargos neles, abandonando a actitude frenética coa que antes pedían a súa supresión. Por falta de cara que non quede!.

Teñen vostedes, ademais, os cargos de libre designación, só controlados polos límites do presuposto, a miúdo refuxio partidista, e seguen apañándose para que a crise non os afecte: Con escaso rubor, un exalto cargo do Parlamento do Estado recoñecía que el seguía cobrando a extraordinaria. Sendo isto así, debemos os cidadáns aínda acreditalos a vostedes e as institucións?. Por favor...!, un mínimo de intelixencia hai que esixirlle a quen se situou no pináculo da xestión pública, para que non poña en dúbida a do pobo.

Son vostedes, os políticos, necesarios na sociedade, e teñen, sen dúbida, unha función moi digna; pero esta necesidade é subordinada, non subordinante. Precisamente por iso, o cumprimento e respecto do ordenamento xurídico esíxelles un especial coidado, porque son o espello pedagóxico no que os cidadáns debemos ver reflectidas a conductas correctas, e para esta función dálles os instrumentos de poder adecuados a cada función o suxeito da soberanía, que non é outro, nunha democracia, que ese mesmo pobo.

Polo tanto, deberían de ser moi coidadosos para non confundir o subordinado co subordinante, no que adoitan caer cando chegan ao poder:

Nunca poderá xustificarse, por exemplo, que aquelas organizacións, que reciben diñeiro de todos nosoutros, e que tanto ruído armaron e arman contra os ERES, se apresuren nas súas administracións a levalos ata pasar os límites máis racionais, xustamente aproveitándose do que critican, e evidenciado con extrema ridiculez que aquí ninguén ten a exclusiva da defensa dos dereitos sociais dos traballadores.

É, pois, preciso deixar ben claro que o que poidan ostentar vostedes de subordinantes venlles conferido en virtude da función que o pobo lles encomendou, que coñece as matizacións ideolóxicas e así as subliña preferentemente (ao menos en teoría) nas eleccións; pero non para que se diluían en estériles disertacións parlamentarias ou traten, pola contra, de aplicarse con imprudencia en cada circunstancia, nin queden exceptuados os mesmos que din profesalas.

Aproveitar as situacións de privilexio para permitir liberalizacións prexudiciais ás coberturas sociais, ou articular prédicas de nacionalizacións, mentres outros están privatizando ingresos no seu patrimonio familiar, é unha boa estratexia para descafeinar os principios ideolóxicos, sementando esa desconfianza que vostedes lles piden ao pobo e, ao mesmo tempo, xustificando o ensaio de esa “terceira vía”.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES