Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Filoloxía Galega

viernes, 13 de mayo de 2005
Levounos séculos ós galegos conseguir que o idioma entrara na Universidade.

Este tesouro milenario, que as clases cultas e poderosas teñen rexeitado en moitas ocasións para mellor asimilarse á nobleza centralista, perviviu case de milagro.

A que foi lingua culta da península ibérica cando o rei Afonso X andaba a percurar saúde para a alma compilando as Cantigas de Santa María, ou cando os trobadores ateigados de amor humano andaban a buscar "amigo" por San Simón ou "entrando namorados" pola porta Miñá da Muralla romana de Lugo, tivo longos séculos escuros nos que so as clases populares -labregos, artesáns e mariñeiros- gardaron o tesouro da fala para as xeracións vindeiras.

Despois da traxedia de mediados dos anos trinta e da "longa noite de pedra", a lingua foi conquistando espacios e adeptos, entrou na Universidade, e os galegos puidemos cursar como carreira a Licenciatura en Lingua e Literatura galegas.

Agora que a democracia se consolida e o autogoberno galego é manifesto, corren perigo estas ensinanzas universitarias que, ó parecer, se pretenden convertir nunha nova rama de ensino que se englobe en "Lenguas modernas y sus literaturas".

O galego, ¿lingua moderna?. Sí, se a comparamos co latín ou o grego. Non, se se compara co castelán.

É moi cedo para que esto poida ser considerada unha das chamadas "serpentes do verán", polo que moito nos tememos sexa un globo sonda para ver como responden os afectados, que somos varios millóns.

Diante dun agravio coma este, os galegos reaccionarán con forza. Se a proposta se concreta, vai facer falla moito máis que a protesta dos departamentos de Filoloxía de Santiago, A Coruña e Vigo, porque a todos nos afecta de forma grave.

O que parece unha simple reforma de estudios académicos sería, ademáis dun agravio gravísimo, un erro descomunal, e unha agresión inconcebible nestes tempos que se supoñen de camiño á modernidade, ó coñecemento, e á potenciación dos valores propios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES