Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Será en 2015?

martes, 08 de enero de 2013
Todo son especulacións, porque por moito que se esforcen os políticos e os economistas en vislumbrar o futuro, non poden facer máis que proxeccións en base a prospeccións. Ou en base ás realidades de cada día que poden posibilitar calcular tendencias e supoñer o que vai pasar cunha marxe de error considerable.

Todos aceptamos que este 2013 non vai ser moito mellor ca o pasado 2012, e a inmensa maioría aceptaría que non fose peor, aínda que se mantivese na liña baixista, sempre que a aceleración non fose pronunciada.

A conselleira de Facenda asegura que os presupostos que propón para Galicia neste ano son realistas, prudentes e aplicables, sendo estes e os do ano que ven de transición ata chegar a un ano 2015 no que se rexistrará un verdadeiro crecemento na nosa economía coa conseguinte creación de emprego.

Independientemente da fe que demostremos nos cálculos da Conselleira, as súas palabras soan ben, e mesmo parece lóxico que despois de cinco anos de caída estrepitosa fagan falla dous – este e o seguinte- para conseguir a estabilización e poder comezar a subir. Ou esto, ou cremos nos milagros aplicados á economía e á sociedade, que non parecen ser de aplicación nin aquí nin agora.

Podemos preguntarnos se, efectivamente, os vaticinios da Conselleira serán realidade, e no 2015 comezaremos a saír da crise. E podemos quedarnos coa dúbida ata que a realidade se patentice. Pero o que non deixaremos é de confiar en que así sexa, aplicando a virtude da esperanza a un tema de absoluta necesidade: que a nosa economía volva á vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES