Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta da Uned Senior aos Magos

viernes, 04 de enero de 2013
Como alumna da Uned Senior de Xestoso, dou fe de que a maxia existe. Se non existira, non tería explicación que un numeroso grupo de persoas de avanzada idade, procedentes dos concellos de Guitiriz, e Xermade na provincia de de Lugo e os de Aranga, Monfero e Paderne na provincia de A Coruña; estiveran matriculadas na Uned Senior de Xestoso.

É algo incrible, pero certo. Nunca os nosos devanceiros poideron sospeitar que nesta zona do rural galego existira unha Universidade. É algo máxico. Desto dan fe os aquivos da Uned na Coruña e máis en Madrid. E tamén damos fe nós mesmos coa nosa presenza nas aulas da Uned Senior de Xestoso.

A verdade é que somos máxicos e por eso mesmo cremos na maxia. Cremos na maxia e nos “MAGOS” que a fan posible.

Persoalmente soamente coñecemos a un “MAGO” chamado Luis Ángel Rodríguez Patiño; pero sabemos que el ten outros enlaces máis ou menos visibles que fan posible esta máxica labor universitaria ó pé da Serra da Loba.

A eses “OUTROS MAGOS” son ós que me quero dirixir con estas humildes palabras en representación de todo o alumnado da Uned Senior de Xestoso.

En primeiro lugar queremos manifestarlles o noso máximo agradecemento, pola súa boa vontade e polas aportacións económicas tan imprescindibles para unha empresa de tanta importancia pedagóxica, social e cultural.

Somos un colectivo que lle tocou vivir a guerra, a postguerra e que coa súa suor conseguiu erguer o país da miseria económica para que as xeración vindeiras poideran alcanzar os nieveis de benestar económico e social, que nós non tivemos.

Somos conscientes de que estamos pasando unha mala racha a nivel mundial e de que, os “cartiños” danse ben aproveitados; pero aínda así sabemos que hai máis cartos que nunca. E se non que nolo pregunten a nós… que deso sabemos moito, moito.

Consideramos que é de xustiza non esquecer ós nosos maiores porque a fin de contas, a eles lles debemos o que hoxe temos e, por outra banda, os xoves de hoxe tamén chegarán a ser rmaiores outro día non moi lonxano e, de boa gana, desexarán ter consolidada unha Universidade no Rural como é a Uned Senior de Xestoso, para fixar a población no seu propio entorno, envellecendo activos e cultos.

Empezamos un ano novo cargadiño de entusiamso para seguir aprendendo porque temos a nosa confianza posta nos “MAGOS” da UNED Senior de Xestoso que seguirán apoiando unha causa tan noble cun presuposto axeitado.

Non pedimos luxos nin caprichos, tan só o mínimo para dar por satisfeitas as nosas ganas de aprender as maxistrais leccións que nos veñen ofrecendo os nosos benqueridos Profesores.

¿Non é algo extraordinariamente significativo que os maiores teñan ganas de seguir aprendendo nunha Universidade?

¿Non é un bo precedente para os que veñen detrás?

¿Non é sabia unha sociedade que honra ós seus maiores?

¿Non honramos os maiores a quen fai posible este labor?

¿Non é un bo exemplo para o mundo enteiro?

Entonces…
O alumnado de Uned Senior de Xestoso confía plenamente nos “MAGOS” (Enténdase: Congreso, Senado, Ministerios, Consellerías, Concellos, Institucións, Particulares e mesmo a Casa Real, se fora preciso) para que a Uned Senior de Xestoso poida seguir medrando e dando lugar a que noutros lugares de España se poida facer outro tanto polo medio rural.

Ese medio rural que sabe conservar as tradicións e o sabor da terra, merece terse en conta e saber que existe á hora de ofrecerlle unha sentude de calidade.

¡Moitas grazas, queridos “Magos”!

( MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da Uned Senior)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES