Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diante da empinada costa

viernes, 04 de enero de 2013
Camiñamos firmemente polo sendeiro que nos auguraron ben problemático de 2013, e aínda non temos a sensación de ter chegado á meta do novo ano, porque estamos na engañosa transición festeira entre dous períodos que se a efectos da Administración se diferencian por ter un diferente presuposto, a efectos prácticos dos particulares, de todos nós, vai significar un marco económico algo diferente.

Ese marco vaise apreciar en canto vivamos unha vida normal de desplazamentos, traballos, peaxes e consumos eléctricos, na que notaremos pequenas alzas que descompensarán aínda máis a nosa persoal balanza de pagos que tiñamos nivelada de acordo coas contas do pasado decembro pero que agora a implacable dictadura dos poderosos da economía encargouse xa de alterar.

Quen andivera estes días polas rúas dos centros das cidades, sentiría o fervor das festas e a plenitude desas ocasións nas que nos sentimos na obriga de ser felices por obra e gracia do consumo, sexa mercando desaforadamente ou enchendo a rebosar os establecementos de hostelería que viven unha pequena época dourada antes da costa de xaneiro.

Que as rebaixas teñan empezado xa en moitos establecementos, non quere dicir máis que os comerciantes entenderon que o volume de diñeiro en movemento é o que é, e que cando se acabe a furia mercadora de papanoeles, santaclaus e reis magos vai haber unha soberana contracción, polo que é mellor provocar agora as compras que vaian efectuarse, que despois xa veremos como nos amañamos todos para superar este rubicón especialmente difícil.

Pero o ambiente festeiro e consumista nas nosas cidades é unha festa que faría descreer a calquera economista dos que analizan a situación do país, facendo que revisase os seus cálculos para intentar entender que factor non tivera en conta para que o resultado das súas investigacións non tivera que ver coa apafrente euforia que nas rúas se vivíu.

Posiblemente existe un factor que os economistas nunca poderán ter en conta que é a tendencia do ser humano de negarse ás realidades cando son difíciles de aceptar, de agardar que en calquera momento un golpe de vento permita aos que nos gobernan abrir as caixas de Pandora dos investimentos públicos, de que a situación colectiva non pode estar tan mal aínda que signifique a suma de todas as situacións particulares.

O que nunca podera ponderar un economista que se precie é a situación que parece dominarnos neste momento, no que botando conta de cómo andamos, utilizamos os últimos recursos no mellor exemplo do vello refrán que aconsella que, “de perdidos, ao río”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES