Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subidas

miércoles, 02 de enero de 2013
A costa de xaneiro, este ano será máis costa. Porque se xa é tradicional que o mes de xaneiro sexa un mes económicamente difícil de transitar, tendo en conta a base de onde procedemos – todo o 2012-, en que condicións chegamos, e as novas que estes días se producen, a situación vai ser moito máis problemática.

Os que están en condicións de marcar as reglas da economía, aproveitan momentos coma este – vacacións, verán, Semana santa ou Nadal- para dar renda solta ás súas posibilidades de poñernos as cousas menos doadas.

E así, cando este novo ano comeza, suben temas tan básicos coma os combustibles ou a enerxía eléctrica, sen contar as peaxes, sen que ninguén nos pida perdón pola agresión.

Porque se todo se contrae, se reducen salarios, evolúen de xeito negativo produccións, ventas e capacidades, pero se autorizan subidas que repercuten de xeito grave nas economías máis básicas e menos dotadas, o resultado previsible é unha catástrofe.

Mentras tanto, as pensións – outra tema sensible para milleiros de familias – soben o un por cento as de máis de 1.000 euros ao mes, e un dous por cento as menores de mil.

A milleiros de galegos non lles saen as contas. Desde hoxe mesmo, o resultado vai ser moito peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES